http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png



Resumo de Noticias

2º Trimestre de 2016





ABRIL


AO acto terá lugar o venres 15 de abril
AGAMME celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as súas IV Xornadas en que se darán cita relatoras e relatores especialistas no novo cadro normativo en relación á infancia, cunha análise do seu impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade. O acto terá lugar o venres 15 de abril, a partir das 17:00 horas no Ateneo Ferrolán (R/ Magdalena, 202-204).

Ler máis


CONVOCADO POLA PAH
Xuízo a activista por participar nun escrache diante da sede do PP na Coruña

Decenas de persoas apoiaron hoxe o activista N.A. antes do xuízo contra a sanción de 360€ que a Subdelegación do Goberno lle impuxo por participar nun escrache diante da sede do PP, en abril de 2013, convocado pola Plataforma de Afectados polas Hipotecas (PAH). A Policía identificou N.A. como portavoz por utilizar un megáfono para lanzar consignas que a multitude repetiu.

Ler máis


Ao Centro Penitenciario de Teixeiro
EsCULcA solicita visita do Comité Europeo para a Prevención da Tortura

O pasado 17 de marzo EsCULcA solicitou ao Comité Europeo para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratos Inhumanos ou Degradantes (CPT) a inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro, un dos dous macrocárceres ubicados en territorio galego, no programa que o Comité desenvolverá na súa próxima visita ao Reino de España, prevista para este mesmo ano.

Ler máis


A Xunta incumpre os requerimentos institucionais
Silencio sobre a situación das persoas doentes de hepatite C nas cadeas

Malias as constantes chamadas á orde desde setembro de 2015, a Consellaría de Sanidade continúa sen dar a información requerida pola Valedora do Pobo sobre a situación da poboación reclusa que padece hepatite C, ignorando tamén o acordo adoptado por unanimidade na cámara galega en xaneiro sobre a urxencia de dispensar os novos fármacos a todas a persoas afectadas.

Ler máis


Contra as políticas xenocidas de Israel
Festa solidaria cos mozos multados por pintaren un mural na Coruña

A asociación xuvenil Isca! organiza unha festa solidaria cos 4 mozos sancionados polo concello da Coruña en decembro de 2015 por pintaren un mural crítico coas políticas xenocidas de Israel. A festa será o vindeiro sábado /16/04) no Bar Faluya (Rúa Orzán nº 75) a partir das 20:00 horas. Haberá foliada, chourizo ao pan, comida vegana e máis! Actuará o grupo VolkGZ co seu rap en galego.

Ler máis


Exhibira unha faixa coa lenda "Gora Alka-Eta"
Arquivado caso contra mozo ourensán disfarzado de monicreque

O Xulgado Central de Instrución número 1 non aprecia elementos delituosos no proceder do ourensán de 29 anos disfarzado de monicreque que exhibira unha faixa coa inscrición "gora alka-eta" a terza feira do pasado entroido en Ourense. O mozo fora identificado por axentes da policía, trasladado a dependencias policiais e posteriormente denunciado.

Ler máis


Pesqueiro galego pode ser sancionado con 120.000€
Denunciado por izar bandeira galega de tamaño non inferior ao da española

O parte aberto pola Capitanía Marítima de Santander, pois a denuncia iniciouse cando estaba atracado en Santoña, sinala que o buque galego puido incumprir até catro puntos das normas relativas ás bandeiras nun buque. A lei establece que todos os buques deben levar como única enseña a española e que esta ten que estar ubicada nun lugar ben preferente na popa.

Ler máis


Apesar de estar dobremente prexudicada
A Xunta evita acusar cargos eclesiásticos involucrados en caso de corrupción

Oito anos despois, o caso Retablo está pronto para ir a xuízo. O sumario apunta a unha rede de corrupción que restauraba arte sacra en Galiza e en que estarían involucrados dous funcionarios do Goberno galego, media ducia de empresas de rehabilitación de patrimonio artístico, varios sacerdotes e até o ex bispo da Diocese de Tui, apartado do seu cargo ao estarlar o escándalo.

Ler máis


Sobre ficheiro de denuncias anónimas
O Ministerio do Interior nega información a EsCULcA

Con data 12/04, o Ministerio do Interior notificou a EsCULcA a inadmisión da súa demanda de información sobre o ficheiro en que se incorporan datos recollidos por medios telefónicos, correo, web e aplicación no ámbito da campaña Stop Radicalismos, por supor un prexuízo para a "seguranza nacional", "seguranza pública" e a prevención, investigación e sanción de delitos.

Ler máis



Palestra na USC - Cuarta feira 20 às 20:00
Islamofobia. Dereito de asilo vs. rexeitamento social

A AU Elvira Parcero organiza unha palestra sob o título "Islamofobia: Dereito de Asilo vs. Rexeitamento Social", que terá lugar a próxima cuarta-feira, às 20:00, na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. O acto contará coa presenza de Santiago Jiménez (profesor do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC) e Fernando Blanco (avogado e presidente de EsCULcA).

Ler máis


Presentación no Hotel Araguaney - 18/04 às 20:00
Nova campaña da Flotilla Internacional: Mulleres rumbo a Gaza

BDS-Galiza presentará o próximo dia 18/04 no Hotel Araguaney de Compostela a nova campaña da Flotilla da Liberdade: "Mulleres rumbo a Gaza". Na presentación intervirán Ana Miranda (pasaxeira do Marianne na anterior campaña da Flotilla), Asraa Azzam (xornalista xordana e membro de BDS-Galiza) e Ximena González (activista da Marcha Mundial das Mulleres).

Ler máis


Contra a fusión co concello de Cotobade
90€ de multa por colar un cartaz no concello de Cerdedo

A plataforma Non á fusión de Cerdedo-Cotobade criticou a «persecución» do alcalde de Cerdedo, José Balseiros, contra as persoas que discrepan do proceso de unión. As críticas chegan en relación coa imposición dunha sanción a unha colaboradora da plataforma, M.T.A.P., por colocar cartaces anunciando a convocatoria dunha reunión informativa nunha marquesina.

Ler máis


"queren venderme que isto é unha democracia?"
Operación Araña: "Viñeron encarapuchados a me deter"

R.G. e P.F. foron as dúas persoas detidas na Galiza no cadro da cuarta fase da Operación Araña despregada na cuarta feira (13 de abril) pola Garda Civil e o Ministerio do Interior. Están acusadas de 'enaltecemento do terrorismo' e 'humillación das vítimas' pola publicación dunha serie de chíos na rede social Twitter, algúns deles en 2012 e 2013.

Ler máis


A Xunta alegara "razóns orzamentarias"
A Fiscalía acusa a Xunta de homicidio por atrasar fármacos da hepatite C

A Fiscalía de Compostela atribúe a dous altos cargos da Consellería de Sanidade da Xunta de un delito de homicidio imprudente por demorar a dispensación dos fármacos da hepatite C con "razóns orzamentarias". Trátase da primeira causa penal que se abre no Reino de España contra unha administración pública por dilacións na prescrición de medicamentos a pacientes con esta doenza.

Ler máis


O Concello de Lalín debaterá moción
Promover a liberdade de conciencia e a non confesionalidade institucional

O concello de Lalín debaterá no próximo pleno unha moción para "promover a liberdade de conciencia e a non confesionalidade institucional". A proposta busca velar polo cumprimento do principio recollido na CE que determina que "ningunha confesión terá carácter estatal" e garantir a liberdade de conciencia e a independencia da administración pública.

Ler máis


Sábado 23 en Compostela - 13:00 Praza Roxa
Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca manifestación

Este sábado, 23 de abril, convocada pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 45 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais, terá lugar en Compostela unha manifestación que decorrerá sob o lema "Rachemos coas Fronteiras. Non ás guerras". A manifestación sairá ás 13 horas da Praza Roxa.

Ler máis


Recluso en Pereiro leva agardando 10 meses
Ainda hai doentes de hepatite C sen acceso aos novos tratamentos

A Audiencia de Ourense obriga a Xunta a suministrar os fármacos a un recluso de Pereiro de Aguiar para quen o CHUOU os solicitou en xuño de 2015. A.L.G.G., doente de hepatite C en fase 4, leva dez meses agardando que o Sergas lle proporcione tratamento para a súa enfermidade. Sanidade pretende obrigalo a aceitar o traslado a un cárcere de Madrid para ser tratado.

Ler máis


Operación Jaro contra Causa Galiza
“Aquí do que se trata é de segar a herba pola raíz, impedir que calle un proxecto independentista”

Falamos cunha das nove persoas encausadas na 'Operación Jaro' após a Audiencia Nacional ter desestimado o recurso da defensa contra a suspensión de Causa Galiza.

Ler máis


no derbi ‘Breogán-Básquet Coruña’ em Riazor

Comissário da “Federación Española de Baloncesto” manda cortar o Hino

Num acto sem precedentes na Galiza, o comissário da “Federación Española de Baloncesto (FEB)” mandou cortar o Hino Nacional Galego no derbi entre o Breogán e o Básquet Coruña celebrado este passado domingo 24 de Abril no pavilhão municipal de Riazor na Corunha, o que provocou indignação do público presente no recinto deportivo.

Ler máis


Suspensom de atividades de Causa Galiza
Mais de 70 agentes políticos e sociais denunciam “montagem jurídico-policial”

Dúzias de organizaçons sociais manifestárom a sua solidariedade com Causa Galiza, coletivo independentista cujas atividades forom suspendidas pola Audiência Nacional espanhola. Na passada terça-feira, representantes desses coletivos participárom na conferência de imprensa convocada para denunciar a atuaçom da Guarda Civil e a continuidade do processo de ilegalizaçom.

Ler máis


A Lama, Monterroso, Teixeiro e Villabona
Prisións ordena dispersar 4 irmáns por cárceres de Galiza e Asturias

Institucións Penitenciarias ordenou onte a dispersión carceraria de S.G. e os seus irmáns, J.P.G. e S.G., en prisión provisoria na Lama desde que hai quince días. A decisión foi adoptada horas antes de o titular do xulgado de Instrución 3 de Cangas, David Pérez Laya, ditar un novo auto de prisión, nesta ocasión para o cuarto dos irmáns M.G., detido na segunda feira.

Ler máis


Por protestos de 2014 en defensa do rio
Multas por un total de case 17.000€ a activistas de Sarria

A oposición veciñal en Sarria ao proxecto de canalización do río ten prezo, ponllo a Subdelegación do goberno español en multas a 34 activistas por un total de 16.700€ por "desordes graves" nos protestos de 2014. Amizades, familias e veciña/os xuntaron 8.000€ a comezos deste ano. O resto terá que ser pagado de contado para evitar o risco de embargos de bens e contas.

Ler máis


"Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP"
A TVG censura verso de canción de Ataque Escampe

O grupo musical Ataque Escampe denuncia que no programa Musigalité da TVG do pasado 28 foi censurado o último verso do seu tema "San Marino", antes da coda instrumental ("Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP"). Como se pode ver no vídeo (en 26'12"), hai un corte entre o verso anterior e a parte instrumental final que, casualmente, elimina o verso.

Ler máis






MAIO

Coa complicidade doutros axentes
Siareiros do Deportivo insultados e espancados por policía en Riazor

A Peña Deportivista Rías Baixas denuncia que o pasado día 1º de maio, despois de xogo Real Club Deportivo da Coruña – Getafe, tres axentes da PN insultaron, ameazaron e, nun caso, maltrataron varios siareiros cando estes se dirixían ao autocar estacionado diante da porta 20 da grada de preferencia do estadio de Riazor ou xa estaban no seu interior.

Ler máis


"danos" e "deslucimento" en muro abandonado
2000€ de multa por pintar un mural en homenaxe a Rosalía de Castro

A Subdelegación do goberno español multa 2 militantes de Galiza Nova (100 € cada) que considera responsábeis dun mural homenaxe a Rosalía de Castro feito na cidade de Pontevedra. S.B., unha das sancionadas, explica que o mural foi feito nun muro abandonado o pasado 24 de febreiro, Día de Rosalía, mais que non foi até agora que recibiron a sanción da Subdelegación.

Ler máis


Medidas contra a discriminación nos seus concellos
Alcaldías galegas asinan declaración contra a islamofobia

A preocupación pola vaga de islamofobia que se estende por Europa, nun momento en que chegan ás súas costas millares de persoas que foxen de países desvastados pola fame e as guerras, leva a EsCULcA a promover actuacións contra a estigmatización das comunidades musulmanas. A primeira unha declaración de Alcaldías da Galiza de practicamente todas as orientación políticas.

Ler máis


Reclamaban esclarecemento de morte no cuartel
54.000€ de multa para 15 persoas acusadas de "inxurias" á Garda Civil

O 06/06 serán xulgadas 15 persoas por un suposto delito de "inxurias" á Garda Civil. O caso remóntase a 2010 cando unha concentración diante da igrexa parroquial de Arteixo, onde os axentes celebraban o día do Pilar, reclamaba o esclarecemento da morte de Diego Viña no cuartel da localidade en estrañas circunstancias. Entre as persoas imputadas están a irmá, a curmá e a tía de Viña.

Ler máis


NAIS CONTRA A IMPUNIDADE
Pastora González: “O que están a facer é castigar a dor”

Entrevistamos Pastora González, nai de Xose Tarrío (preso FIES falecido en 2005, autor do libro Fuxe home, fuxe) e integrante da Asociación 'Nais contra a impunidade'

Ler máis


Marcha a Teixeiro
Este ano as multas son por supostas manobras en lugar indebido

Tres meses despois da marcha anual ao cárcere de Teixeiro, comezan a chegar multas a persoas(200 € e 3 putnos) que participaron este ano na protesta. Segundo as notificacións, por mudanza de sentido en lugar indebido ao recollheren activistas unha vez concluída a concentración, manobras feitas co consentimento dos efectivos da Garda Civil que regulaba o tráfico na zona.

Ler máis


Por supostos incidentes o 17M de 2013
Queremos Galego gaña recurso contra sancíon da Delegación do Goberno

Queremos Galego gaña o recurso que interpuxera contra a sanción da Delegación do Goberno por supostos incidentes na manifestación do 17/05/2013. A Delegación acusara a plataforma de “guindar globos e ovos recheos de pintura” ou “realizar diversas pintadas en entidades bancarias e locais comerciais” durante o percorrido da manifestación do Día das letras daquel ano.

Ler máis


En favor dos dereitos do pobo palestino
Declaración Institucional do Parlamento da Galiza

Ante a proximidade do 15 de maio, día da Nakba, a catástrofe que se abateu en 1948 sobre o pobo palestino como consecuencia da creación do estado de Israel no seu territorio, o Parlamento de Galiza aprobou hoxe por unanimidade unha Declaración institucional en que se defenden os dereitos deste pobo e se reclama ao estado sionista o cumprimento do dereito internacional.

Ler máis


Sobre a identificación obrigatoria
A Garda Civil incumpre a Lei e Recomendación da Defensoría del Pueblo

Dereitos Civís inicia unha campaña de recollidas de apoios para denuncia xunto da Defensoría del Pueblo o incumprimento da Garda Civil da normativa referida á obriga de os seus membros iren debidamente identificados no exercicio das súas competencias. O colectivo afirma ter reunido probas que confirman este incumprimento así como o arquivo sistemático das súas denuncias.

Ler máis


O cadro de persoal médico reducido a menos do 50%
Nova morte no Centro Penitenciario de Teixeiro

Un preso do cárcere de Teixeiro foi encontrado morto na súa cela o pasado sábado. As primeiras hipóteses da dirección da prisión sinalan como posíbel causa unha sobredose. Sobre o oito da mañá, funcionarios do penal atoparon na cama da súa cela J.A.D.S., un ferrolán de 45 anos, que non respondía as chamadas dos vixiantes, polo que foron alertados os servizos médicos.

Ler máis


Na Facultade de Ciencias da Comunicacíón
Traballos sobre dereitos de persoas migrantes e mulleres presas

No cadro do Seminario "Xornalismo social e solidariedade internacional" da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, foron presentados dous interesantres traballos sobre o preocupante aumento da islamofobia en Europa ("Un medo irracional") e a situación das mulleres internas en centros penitenciarios ("Mulleres e Prisión: Unha realidade descoñecida").

Ler máis


SOBRE FICHEIRO STOP RADICALISMO
EsCULcA recorre negativa do Ministerio do Interior a proporcionar informaçom

O passado 12 de maio, Fernando Blanco Arce, em representaçom de EsCULcA apresentou recurso contra a decisom do Ministério do Interior de denegar a informaçom solicitada polo observatório sobre o ficheiro Stop Radicalismo. Negativa que o ministério baseia em razons de segurança nacional, segurança pública e investigaçom dos delitos (art. 14, Lei 19/2013).

Ler máis


Xuiz de Compostela envia o caso á Fiscalía
"Responsabilidade penal" na Xunta por falla de atención a persoas sen fogar

A política social e sanitaria da Xunta volve tropezar nos xulgados. Apenas un mes despois de transcender a investigación ao Servizo Galego de Saúde por adiar tratamentos de hepatite C a causa de razóns orzamentarias, segundo a Fiscalía, un xulgado de Santiago vén de observar "responsabilidades penais" do Goberno galego por falta de atención a persoas sen teito.

Ler máis


Facultade de Filosofia da USC - 24/05 - 17:30
Presentación pública do Protocolo de dereitos lingüísticos

A próxima terza feira 24 de maio, ás 17:30 horas, terá lugar no salón de actos da Faculdade de Filosofía (praza de Mazarelos) da USC, a presentación do Protocolo de Dereitos Lingüísticos, un documento que parte da Declaración Universal de Dereitos Lingüísiticos e avoga pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento das que están en situación de desvantaxe.

Ler máis


Despois de sofrer abusos reiterados
Preso galego transladado de Dueñas a Mansilla de las Mulas

O preso independentista A.S. foi transladado do cárcere de Dueñas ao de Mansilla de las Mulas, despois de sofrer nos últimos meses abusos reiterados: ameaças e tentativas de inspecçons corporais ilegais a seguir os encontros familiares vis-à-vis, assim como demora injustificada de encontros conjugais. A.S., formulara denúncia no julgado de vigiláncia penitenciária.

Ler máis


Marcha Mundial das Mulleres e BDS-Galiza
Actos na Galiza para celebrar o Dia da Paz e o Antimilitarismo

A Marcha Mundial Mulleres Galiza e BDS-Galiza organizan diversos actos para celebrar o Día pola Paz e o Antimilitarismo e revindicar o fin da ocupación de Palestina. Os actos terán lugar mañá, terza-feira 24/05, e serán unha mensaxe de apoio e ánimo ás mulleres palestinas, "bastión de loita e resistencia dun pobo que que non renuncia a súa identidade e ao seu territorio".

Ler máis


Alberte Ameneiros
"Hai rumores de que despexarán Idomeni, queiran ou non, cara a campos militares"

Alberte Ameneiros, auxiliar nunha clínica dental, viaxou até o campamento de Idomeni a pasada semana para prestar axuda ás persoas refuxiadas. As cifras oficiais sitúan en 54.230 o número total de persoas refuxiadas en Grecia. De entre elas, por volta dunhas 10 mil malviven en Idomeni das que 3 mil son crianzas --segundo os dados de Médicos Sen Fronteiras.

Ler máis



A Fiscalía reduce a lesións o suposto delito
Escrito de acusación contra funcionarios de Teixeiro por tortura grave

O 16/05, A.P.R., actualmente interno no cárcere da Lama, presentou escrito de acusación contra seis funcionarios do C.P. de Teixeiro por torturas graves o 26/05/2012. Tamén a Fiscalía acusa tres destes funcionarios, mais, a pesar da violencia da agresión (hemorraxia interna, fractura de dous arcos costais e rotura do bazo extirpado de urxencia), limita a lesións o alcance do suposto delito.

Ler máis


Medidas para evitar novos casos
Pergunta no Parlamento Europeo sobre torturas e malos tratos en Teixeiro

Lídia Senra Rodríguez, deputada de Alternativa Galega de Esquerda, integrada en GUE/NGL, no Parlamento Europeo, presentou a pasada quinta-feira, dia 27, unha pregunta perante a Comisión sobre as denuncias de tortura e malos tratos no centro penitenciario de Teixeiro tomando como base a información recollida no relatorio de EsCULcA sobre a situación no citado penal.

Ler máis





JUNHO


En defensa do reparto xusto das cotas pesqueiras
48 anos de prisión para 16 mariñeiros do cerco por supostas desordes públicas

A pesar de varias fontes sinalaren como causa dos incidentes a agresión de axentes a mariñeiros de idade avanzada, a Fiscalía responsabilíza 16 cerqueiros das desordes públicas e enfrontamentos coa policía durante unha manifestación en Vigo na defensa dun reparto xusto para a frota galega das cotas de xarda e xurelo e pede para cada un 3 anos de prisión (48 anos no todo).

Ler máis


Agora no Parlamento Europeu
Nova petiçom para que o CPT visite o cárcere de Teixeiro

Lídia Senra Rodríguez, deputada de Alternativa Galega de Esquerda, integrada en GUE/NGL, no Parlamento Europeo,enviou o passado 31/05 escrito ao Comité Europeu para a Prevençom da tortura e outros tratamentos e castigos desumanos ou degradantes em que se solicita seja incluído o C.P. de Teixeiro na visita programada por este organismo ao Reino de Espanha.

Ler máis


Cítanse sentenzas do TSXG e ordenanza de Lugo
As denuncias por discriminación no uso do galego chegan a Europa

O coordinador da área internacional da Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras, interveu o pasado 01/06 no Parlamento Europeo no cadro da audiencia sobre discriminacións lingüísticas na UE organizada pola Rede Europea para a Igualdade das Linguas, en colaboración cos grupos parlamentares da Alianza Libre Europea- Os verdes e a Esquerda unitaria Europea.

Ler máis


Persoas afectadas pola Hepatite
Peden que se investigue a Xunta por homicidio e non só por prevaricación

A Plataforma de Afectados pola Hepatite C presentou ampliación da denuncia ante xulgado de Compostela que investiga a demora da Xunta en proporcionar tratamento. O presidente da PAHC, Quique Costas, comunicou que achegaron ao xuíz 3 novos casos de afectados que non faleceron mais cuxo tratamento consideran que puido atrasarse por motivos económicos.

Ler máis


“Policías feridos non vin, mais si mariñeiros cos ollos inchados e sangrando”
José Blanco: “O que nos fixeron á xente do cerco é indignante”

José Blanco é un dos 16 mariñeiros e armadores para os que a Fiscalía pide un total de 48 anos de cárcere por un protesto en Vigo no 2014. “O que nos fixeron á xente do cerco é indignante”.

Ler máis


Denuncian CIG-Ensino e Anpas Galegas
Presións para forzar a matrícula na materia de relixión nas escolas

O currículo escolar de Bacharelato, após a entrada en vigor da LOMCE, fixa a distribución horaria das materias específicas e de libre configuración entre as que deberá elixir o estudantado. Neste senso, CIG-Ensino e a Confederación de Anpas galegas denuncian que a relixión católica "pasa a ter o mesmo valor académico que as demais".

Ler máis


Xuízo a funcionarios do penal de Teixeiro
"Hai unha negativa a recoñecer a existencia da tortura baixo custodia"

A abertura de xuízo oral por un suposto caso de torturas no CP Teixeiro denunciadas polo recluso A.P.R. en 2012 "é unha boa nova aínda que a Fiscalía reduce a gravidade das lesións", sinala en conversa con Sermos Galiza o presidente de Esculca, Fernando Blanco. O TEDDHH acaba de ditar máis unha sentenza condenando o Reino de España por non investigar denuncias de tortura.

Ler máis


A Xunta de Galiza
Condena por denegar axuda a migrante após esixirlle requisitos ilegais

Presentada en 2013 pola Xunta como unha das principais mostras de 'compromiso con aqueles que máis o precisan", a Lei de inclusión social regula, entre outras, prestacións puntuais destinadas a atender "situacións de grave emerxencia" para "sufragar gastos extraordinarios e urxentes" que, de non seren atendidos, "poden desencadear un proceso de exclusión social".

Ler máis


Palestra - SCQ - Compostela - 07/06 - 20:00
Suspensión Causa Galiza: "Asociacións Políticas Vs. Dereitos Constitucionais"

Sob o título "Asociacións Políticas vs. Dereitos Constitucionais", EsCULcA organiza unha palestra de análise e reflexión sobre a decisión do xuiz Eloy Velasco de manter a suspensión de actividades da asociación Causa Galiza, que fora decretada en novembro do pasado ano e posteriormente anulada por vulneración de dereitos no procedemento.

Ler máis


Concentración de apoio. As Fontiñas - 07/06 - 09:00
Laura Bugalho: "Foi unha vendetta por destapar unha mafia"

Diferentes colectivos e partidos convocan unha concentración en apoio á sindicalista e activista LGTB Laura Bugalho, que será xulgada o día 7 (terza-feira). A fiscalía acusouna de falsificación documental despois de ela denunciar unha trama de explotación de inmigrantes. Será diante das dependencias dos Xulgados de Compostela (Aas Fontiñas) a partir das 09:00.

Ler máis


Reclamaban esclarecemento de morte no cuartel
54.000€ de multa para 15 persoas acusadas de inxurias á G.C. en Arteixo

Maña, 6 de xuño, serán xulgadas 15 persoas por un suposto delito de inxurias á Garda Civil. O caso remóntase a 2010 cando unha concentración diante da igrexa de Arteixo, onde os axentes celebraban a patroa, reclamaba o esclarecemento da morte de Diego Viña no cuartel da localidade en estrañas circunstancias. Entre as persoas imputadas están a irmá, a curmá e a tía de Viña.

Ler máis


FIES, dispersão e situação preso galego
Perguntas no Parlamento Europeu sobre regime penitenciário espanhol

Com data 7 de junho, Lídia Senra Rodríguez, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, integrada en GUE/NG registou três perguntas por escrito dirigidas à Comissão Europeia sobre o sistema penitenciário do Estado espanhol. Concretamente sobre a dispersão penitenciária, o regime FIES e a situação de isolamento total em que se acha o preso galego A.A.C.

Ler máis


Cárceres, militarizaçom, informaçom crítica...
Primeiro evento "Tatuagens pola liberdade" em Compostela

Os dias 10, 11 e 12, no Espaço autónomo e antiautoritário para umha Compostela rebelde e combativa (Algália de Riba, 11) terá lugar o primeiro evento "tatuagens pola liberdade". Umha ferramenta de autogeston para falar dos cárceres galegos, a militarizaçom das fronteiras e territórios, o caso dxs 43 estudantes desaparecidxs em México, mulher e prisom...

Ler máis


Solicitada por deputadas da Cámara Galega
Trasladada ao Delegado do Goberno petición de información sobre Teixeiro

Con data 7/06/2015, o presidente da Cámara Galega transladou às deputadas Carmen Iglesias Sueiro e Consuelo Martínez García, ambas do Grupo Mixto, a resposta da Directora Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, à petición de documentación sobre a situación do cárcere de Teixeiro descrita no último Relatorio de EsCULcA.

Ler máis


A Fiscalia pede 12.000€ de multa
Concentraçom frente aos Julgados de Ferrol em apoio a sindicalista

Convocam concentraçom solidária em 15 de junho, às 11:00 horas, frente aos Julgados de Ferrol em apoio do sindicalista F.M., para quem a Fiscalía pede 12.000 € de multa por impedir que um carro conduzido por um militar atropelasse em 14 de novembro de 2012 a manifestaçom que percorria as ruas de Ferrol em protesto pola deterioraçom das condiçons da clase trabalhadora.

Ler máis


Convoca a Rede Galega
Mobilizacións por toda Galiza en apoio das persoas refuxiadas

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 entidades, convoca novas mobilización en toda Galicia co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das persoas refuxiadas. Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollerán estas concentracións.

Ler máis


"POR NEGLIXENCIA GRAVE E CULPOSA"
Familiares de interna morta denuncian o cárcere de Pereiro

G.LF.R. tiña 25 anos e cumpría condena no centro penal de Pereiro de Aguiar. O 31 de outubro suicidouse na súa cela. Por estes feitos, a nai, a viguesa M.M.R.L., puxo unha denuncia no Xulgado de Instrución 2, en funcións de garda. Considera que o centro actuou "con neglixencia grave e culposa por non velar adecuadamente pola integridade física" da moza.

Ler máis


21/06 - 20:30 - Subdelegación do Goberno
Concentración contra multas por tentar impedir desaloxo de familia en Elviña

Decorrido máis de ano e medio desde aquel 27 de novembro de 2014 en que veciños e veciñas de Elviña co apoio dos movementos sociais da cidade se opuxeron á expulsión dunha familia da súa vivenda, a Subdelegación acaba de ratificar as 17 multas que impuxeran por un total de máis de 7000€. Varios colectivos convocaron acto de protesta o pasado dia 21.

Ler máis


Informaçom, documentos e iniciativas
Coletivo de persoas processadas na Operación Jaro inaugura sítio web

Coletivo de Independentistas Imputadas e Imputados na Operación Jaro, iniciada o passado mes de outubro, inaugura sítio web para divulgar as dinámicas de denúncia e solidariedade relativas ao processo. Neste espaço darám conta do trabalho que desenvolvem, da situaçom das nove persoas processadas e das consequências da suspensom de actividades de Causa Galiza.

Ler máis


A Fiscalía pede 1 ano e 2 meses de prisión
Axente da Policía Local da Coruña xulgado por agredir un mozo

Un axente da policía local da Coruña sentará a próxima semana no banco dos acusados da Audiencia Provincial da Coruña por, supostamente, agredir coa porra na cara un mozo que pelexaba nos xardíns de Méndez Núñez. A Fiscalía impútalle un delito de lesións agravadas pola utilización dunha arma e reclama que sexa condenado a un ano e dous meses de cárcere.

Ler máis


A pesar dos acordos do Parlamento Galego
Persoas presas en cárceres galegos sen tratamento para a Hepatite C

O protocolo subscrito o pasado mes de abril entre o SERGAS e Institucións Penitenciarias para tratar "sen dilación" cos novos fármacos as persoas con Hepatites C presas en cárceres galegos ficou en papel mollado. O convenio, froito dunha iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, pretendía pór fin á obrigación de acudir a un hospital de Madrid.

Ler máis


Ameazas, malos tratos e falta de atención médica
Preso na Lama entra en folga de fame para denunciar condicións infrahumanas

R.A.S., preso no cárcere da Lama (Pontevedra), que cosera a boca en setembro do ano pasado en Monterroso para protestar polos abusos dos funcionarios e denunciara o equipo técnico, os servizos sanitarios e varios funcionarios por malos tratos. iniciou unha folga de fame para chamar a atención sobre as condicións infrahumanas do módulo de illamento, onde está recluído.

Ler máis







http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png