http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png



Resumo de Noticias

3º Trimestre de 2016





JULHO


CONSEJO DE TRANSPARENCIA Y BUEN GOBIERNO
Denegada reclamación de EsCULcA sobre o ficheiro Stop Radicalismos

O 24/07/2016, o Consejo de Transparencia y Buen Gobiernonotificou a EsCULcA resolución denegatoria das reclamacións presentadas polo observatorio en 28 de marzo e 12 de maio por non ter sido admitida a trámite a demanda de información sobre o ficheiro que incorpora datos recollidos por medios telefónicos, correo, web e aplicación no ámbito da campaña Stop Radicalismos.

Ler máis


ESIXEN RESPONSABILIDADES POR DESATENCIÓN MÉDICA
Chega a Audiencia Nacional o caso dun interno en Bonxe que morreu ao sair

A nai de E.A.P.L., falecido en agosto de 2011, esixe responsabilidades ao centro penitenciario. O fillo faleceu no hospital, por posíbel pancreatite aguda, despois de abandonar o cárcere de Bonxe con 3 días de permiso o 27/07/2011. Os familiares apreciaron que deixou a prisión en condicións de saúde moi deficientes e entenden que puido haber desatención no centro.

Ler máis



SOBREOCUPACIÓN, AUSENCIA DE CLASIFICACIÓN, ETC.
Conflitos no penal de Teixeiro por mala organización interna

O cárcere de Teixeiro parece convertido nun paiol. Poucos días despois de transcender aos medios unha liorta interna que se saldou con dous evacuados ao hospital, un sindicato de funcionarios revela que a orixe dos conflitoss está nas obras acometidas desde principios de maio nun dos módulos e o internamento de presos de índole diversa nunha mesma cela.

Ler máis


RACISMO POLICIAL: NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA
Dous axentes da policía local da Coruña xulgados por tortura e lesións a migrante

O pasado 6 de xullo no Xulgado nº 3 do Penal da Coruña, case 5 anos despois de se produciren os feitos, tivo lugar o xuízo contra dous policías locais da Coruña, imputados por un caso de posibeis delitos de tortura e lesións contra un cidadán coruñés de orixe senegalesa. SOS Racismo Galicia convocou concentración nas portas do xulgado.

Ler máis


CÁRCERES NA GALIZA: ZONA DE NON-DIREITO
Dous internos do C.P. da Lama en folga de fame para reclamar medidas urxentes

O 1º de xullo, unha semana despois de R.A.S., preso no cárcere da Lama, ter iniciado unha folga de fame dun mes en protesta polas condicións inhumanas do módulo de isolamento do penal, J.A.P.D., interno na mesma prisión, tomou a decisión de secundar a iniciativa, neste caso por período indefinido, para denunciar a situación e reclamar medidas inmediatas.

Ler máis


AO ABRIGO DA LEI MORDAZA
Tres persoas do Morrazo investigadas por "incitar ao odio" en internet

"Incitar ao odio e á violencia a través das redes sociais". É o motivo que, segundo informa un comunicado da Garda Civil difundido polo Ministerio do Interior, levou á detención na mañá do pasado 13 de xullo de tres persoas en Cangas do Morrazo. Unha delas é o concelleiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas Andrés García, integrante do goberno local.

Ler máis


OUTROS CONCELLOS NA MESMA SITUACIÓN
O estado nega subvención ao Concello de Teo por a solicitude estar en galego

O Instituto para la Diversificación y el Ahorro de Energía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, desestimou unha solicitude do Concello de Teo para un proxecto de alumeado público por estar en galego un dos documentos que fan parte da solicitude. O goberno local fala de “grave vulneración dos dereitos constitucionais en materia lingüística”.

Ler máis


SEGUNDO ESTATÍSTICAS DO MINISTERIO DO INTERIOR
421.315 persoas identificadas na Galiza en 2015 por policía e garda civil

O Anuario estatístico publicado polo Ministerio do Interior sitúa en 208.675 persoas as identificacións practicadas polo Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil no cadro da Lei Orgánica 4/2015 para a Protección da Seguridade Cidadá após un ano da súa entrada en vigor. A cifra aumenta até 421.315 se sumamos as identificacións levadas a cabo tamén no cadro da Lei Orgánica 1/1992.

Ler máis


COA COMPLICIDADE DE MÉDICO DO ÁLVARO CUNQUEIRO
Profesor inglés denuncia axentes da PN por malleira e detención ilegal en Vigo

«É unha incríbel historia», di P.B., profesor inglés de 48 anos residente en Vigo desde hai 9 anos que denunciou a Policía Nacional por detención ilegal e torturas e ao médico de garda que o atendeu no Hospital Álvaro Cunqueiro. Busca testemuñas para probar que foi agredido por axentes ás catro da madrugada do 26 de setembro do 2015 na céntrica rúa Urzaiz de Vigo.

Ler máis


RECOMENDACIÓNS DE DEREITOS CIVIS
Como actuar os dias 24 e 25 de Xullo ante abusos policiais

Dereitos Civis publica no seu blog unha serie de advertencias e recomendacións para responder a situacións de vulneración de dereitos fundamentais nas rúas de Compostela os próximos días 24 e 25 de xullo. Lembra o colectivo que neses días se multiplican as identificacións, inspeccións, prohibicións de circular por determinadas zonas, retiradas de bandeiras, etc.

Ler máis


CONCELLO DE RIBEIRA TAMÉN DECLARADO INFRACTOR
Novo expediente da Axencia Española de Protección de Datos ao Concello de Cee

O que acontece no Concello de Cee cos sistemas de videovixilancia mostra o escaso interese das administracións por cumprir a normativa en materia de protección de datos e a ineficacia dos mecanismos sancionadores recollidos na LO de Protección de Datos. A pesar das manifestas ilegalidades cometidas, en ningún momento o concello foi obxecto de sanción ou amoestación.

Ler máis





AGOSTO

CONVOCABA O COMITÉ DE DEFENSA DO MONTE GALEGO
Prohibida concentración contra a vaga de lumes que arrasa os montes galegos

A Subdelegación do Goberno de Ourense prohibiu o pasado 19/08 a concentración que o Comité de Defensa do Monte Galego convocara para o sábado día 20 de agosto en Castrelo de Miño en aplicación a Lei Mordaza, impedindo desta feita que a cidadanía poida expresar a súa voz e pesar pola vaga de lumes que afectan ao noso país ante a pasividade da Xunta de Galiza.

Ler máis



SETEMBRO


SUPOSTOS MALOS TRATOS A PRESO GALEGO EN DUEÑAS
A Defensoría del Pueblo non investiga a fondo queixa de EsCULcA

Con data de rexistro 24 de agosto de 2016, a Defensoria del Pueblo enviou escrito de resposta á queixa presentada por EsCULcA o 02/06/2015 relativa à actuación de funcionarios da prisión de Dueñas contra o preso galego A.S. cando este solicitou vestir a bata regulamentar para protexer a súa intimidade nunha inspección corporal integral despois dunha visita familiar.

Ler máis


SOBRE TORTURA E MALOS TRATOS NO CP DE TEIXEIRO
A Comisión Europea responde a pregunta de deputada galega no PE

Con data de rexistro 12/08/2015, a Comisión Europea contestou por escrito a pregunta formulada o 27 de maio por Lídia Senra Rodríguez, deputada de AGE no PE, integrada en GUE/NGL, sobre as denuncias de tortura e malos tratos no centro penitenciario de Teixeiro. A pregunta tomaba como base a información recollida no relatorio de EsCULcA sobre a situación no citado penal.

Ler máis


ESCULCA ENVIA PROPOSTA ÁS CANDIDATURAS
25/S: medidas urxentes en materia de dereitos e liberdades

EsCULcA enviou ás candidaturas que concorren ás eleccións autonómicas do próximo 25/S un catálogo de propostas de medidas urxentes en materia de dereitos e liberdades públicas. As propostas divídense en dous grandes blocos atendendo ao feito de as competencias do Parlamento Galego seren limitadas debido ás numerosas competencias que ainda detén o Estado en exclusiva.

Ler máis


ENTROU EM 2008 COM CONDENA DE ANO E MEIO
Em liberdade presa anarquista galega após 8 anos de prisom

O passado 10 de setembro, despois de 8 anos de prisom em condiçons de extrema dureza, contrárias ao próprio regime penitenciário, N.C. foi posta em liberdade. Acusada aos seus 19 anos de um alegado furto, o que lhe valeu umha condena de ano e meio, denúncias contra funcionários por abusos sexuais, humilhaçons e ameaças e greves de fame forom somando condenas.

Ler máis


TRASLADADO AO HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Preso en folga de fame en protesta polas condicións de vida na cadea da Lama

A finais de agosto, o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra requeriu á prisión da Lama o traslado de J.A.P.D. preso alacantino de orixe chilena, ao hospital Provincial de Pontevedra debido ao seu estado de saúde. O 01/08 J.A.P.D. iniciou unha folga de fame pra denunciar as duras condicións impostas nos módulos de isolamento e a represión exercida contra activistas.

Ler máis


SUPLENTE EN MESA DO BARCO DE VALDEORRAS
Primeiro caso de obxección electoral aceptado no Estado español

A revista electrónica Abordaxe dá noticia do primeiro caso de obxección electoral aceptado no Estado español. Trátase de Amparo Rodríguez, unha veciña do Barco de Valdeorras que a Xunta Electoral de zona admitiu como eximinte. Amparo narrou os feitos nun comunicado remetido a Abordaxe xunto con copia do escrito de alegacions enviado á Xunta Electoral.

Ler máis


"A TODO PORCO CHEGA O SEU SAN MARTIÑO"
Rapeiro do grupo Tinta Rebelde xulgado por supostas ameazas a Gloria Lago

"A todo porco chega ou seu San Martiño" ou "Os que non toleramos eses bastardos que se decaten que xa estamos fartos, fartos de tanta hipocrisía" son dúas das frases que compoñen a canción que onte sentou no banco a L.C.S., do dúo de rapTinta Rebelde. A fiscal pide que sexa condenado por falta de ameazas por elaborar e colgar en 2014 un vídeo dunha canción en Youtube.

Ler máis


ENCAUSADOS NA 'OPERACIÓN JARO'
Levarán a ilegalización de Causa Galiza ao Constitucional

Case un ano despois da posta en marcha da 'Operación Jaro', o operativo ordenado pola Audiencia Nacional que implicou a detención de 9 militantes independentistas e a ilegalización de facto da organización Causa Galiza, as nove persoas encausadas interporán recurso perante o Tribunal Constitucional contra a posíbel prórroga da suspensión de actividades.

Ler máis


AMEAZA DE DENUNCIA POR INMIGRACIÓN ILEGAL
Investigado axente da Policía Xudicial como suposto autor de abusos sexuais

O xefe da Garda Civil de Pontevedra confirma que un membro da Policía Xudicial de Vigo está sob investigación por cometer alegadamente abusos sexuais sobre unha muller, hai 2 meses, no Porriño. Segundo a denuncia da vítima, o axente investigado coaccionouna facendo valer a súa condición de membro dos Corpos de Seguridade do Estado para obrigala a manter relacións sexuais.

Ler máis


NO CENTRO DE INSERCIÓN SOCIAL DA CORUÑA
Denuncian irregularidades no reparto de metadona aos presos

A decisión da dirección do Centro de Inserción Social "Carmela Arias e Díaz de Rábago" da Coruña de repartir aos presos con drogodependencia pastillas de metadona no mesmo centro sob supervisión dos vixiantes de seguridade levou a Agrupación dos Corpos da Administración de Institucións Penais (ACAIP) a presentar queixa formal ante o subdirector xeral de Sanidade Penal.

Ler máis


PERANTE A PASIVIDADE DE RESPONSÁBEIS MUNICIPAIS
Denuncian irregularidades no labor da traballadora social do concello de Nigrán

Perceptora da RISGA con residencia en Nigrán denuncia irregularidades no servizo que presta a traballadora social: visitas domiciliarias sen aviso e acordo previo, controis abusivos, expresión de xuízos de valor... Unha prácitca que afecta tamén os dereitos de outras moitas persoas do concello e á que os responsábeis municipais, coñecedores dela, nom poñen remedio.

Ler máis


DENUNCIA SOS RACISMO
Absolvidos policías acusados de apuntar cunha pistola a un inmigrante

O 4 de agosto de 2011 A.G., inmigrante, denunciou que un policía local lle apuntara na cabeza e no peito coa súa pistola, en presenza doutro axente. En xullo deste ano, case cinco anos despois do sucedido, celebrouse o xuízo, que rematou coa absolución -coñecida a pasada semana- dos policías, para os que se pedía dous anos e medio de inhabilitación e un e dous anos de cadea.

Ler máis


MATOU DUN DISPARO O BATERÍA DOS PIRATAS
Xuíza ve indicios de homicidio por imprudencia en actuación de Garda Civil

Segundo consta no auto de apertura de xuízo oral , a maxistrada do Xulgado de Instrución número dous de Ponteareas (Pontevedra) ve indicios da comisión dun delito de homicidio por imprudencia grave por parte do axente da Garda Civil que o pasado 26 de agosto de 2015 efectuou o disparo que acabou coa vida ao que foi batería dos Piratas, J.F.

Ler máis


PRESENTAN 10 PROPOSTAS BÁSICAS
Colectivos Trans reivindican Lei galega de Identidade de Xénero

Colectivos como TransForma Unión Trans, Arelas, Ultreia LGTBI, Alas Coruña e o Comité Antisida da Coruña Cascopresentaron o pasado 21 de setembro as medidas que fixeron chegar ás formacións políticas que concorren ás eleccións galegas co fin de que sexa aprobada unha Lei Galega de Identidade de Xénero para 2017 consensuada coas asociacións que traballan neste ámbito./small>

Ler máis


POR MENSAXES NO FACEBOOK E NO TWITTER
O xulgado de Cangas traslada á AN a causa contra tres mozos da vila

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Cangas do Morrazo acordou onte inhibirse no coñecemento da causa contra tres mozos cangueses detidos en xullo por supostamente incitaren ao odio e á violencia a través das redes sociais, segundo sinalan fontes da investigación. Pasarán a ser xulgados pola Audiencia Nacional.

Ler máis


A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ABORTO DA CORUÑA
Reclaman responsabilidades penais polos abortos sen garantías

Activistas da Plataforma en Dereito ao Aborto da Coruña e da Marcha Mundial das Mulleres concentráronse no mediodía da cuarta feira no exterior da Audiencia Provincial para reivindicar o respeito aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Denunciaron de viva voz perante a Fiscalía os abortos sen garantías na área sanitaria da Coruña.

Ler máis


CONCENTRACIÓN DIANTE DOS XULGADOS DAS FONTIÑAS
Xuízo a 3 estudantes por un escrache a un profesor "homófobo" da USC

A., A. e M., estudantes da USC, enfróntanse esta segunda feira, 3/10, a un xuízo en que a Fiscalía pide 5 meses de prisión por considerar que son responsábeis dun delito de desordes públicas durante un protesto contra a homofobida dun profesor. Para ese día, ás 10:00 horas, está convocada unha concentración solidaria perante os Xulgados de Fontiñas, na capital de Galiza.

Ler máis


Á COMISIÓN EUROPEA
Preguntan por “vulneración de dereitos” na ilegalización de Causa Galiza

A 'Operación Jaro', operativo da AN que decorreru vai para un ano e concluiu co detención de 9 independentistas e a ilegalización de facto da organización política Causa Galiza, chegou esta quinta-feira a Bruxelas. 'Os Pobos deciden', a marca coa concorreron ás eleccións europeas de 2014 o BNG e EH Bildu, rexistrou esta unha pregunta dirixida á Comisión Europea.

Ler máis







http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png