http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png



Resumo de Noticias

2º Trimestre de 2017



ABRIL


Na presentación ao parlamento do Relatorio Anual .
A Valedora revela datos confidenciais de persoas sen abrigo

A Valedora do Pobo divulgou esta segunda feira no Parlamento de Galiza datos privados de 3 persoas sen abrigo de Compostela. As queixas sobre problemas de convivencia nunha praza da cidade foron colocadas novamente por diante dos varios millares de queixas, entre elas as presentadas por EsCULcA sobre posíbeis malos tratos a menores nun centro de acollemento de Vigo. Na súa comparecencia na Cámara para dar conta do relatorio anual, presentado a pasada semana en conferencia de prensa, Milagros Otero volveu cargar directamente contra o Concello de Compostela por non dar solución ao problema de convivencia en espazos públicos da cidade e revelou o alcume dunha das persoas sen abrigo que serian supostamente causantes deses problemas, así como os nomes de pía doutras dúas delas e varios datos persoais e sanitarios confidenciais.

Ler máis



Formaria parte do "acervo nacional"
Concentración contra negativa do Rexistro a galeguizar apelido Rey Formaria parte do "acervo nacional"

Unha concentración na defensa do dereito a galeguizar nomes e apelidos, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, decorreu esta segunda feira, 3 de abril, perante os Xulgados de Corcubión, sede do Rexistro Civil da comarca que negou a unha estudante a galeguización do seu apelido (Rey). Entre as alegacións presentadas figura un ditame da Real Academia Galega.

Ler máis



após ano e medio de intensa campaña denigratoria
Tribunal Supremo confirma absolución de naronés acusado de terrorismo

En agosto de 2015, O.C.T., veciño de Narón, foi detido en medio dun impresionante operativo policial. Acusado dun delito de enaltecemento do terrorismo Xihadista e menosprezo ás suas vítimas, declarou perante o Xulgado Central de Instrución da AN. Ficou en liberdade con cargos e despois de ano e medio de persecución sen tregua foi absolvido polo Tribunal Supremo.

Ler máis



Novo vídeo de EsCULcA
Sen privacidade non hai liberdade: cifra os teus datos e as tuas comunicacións

En EsCULcA consideramos que non é posíbel exercer as liberdades civis e políticas cando as vidas e comunicacións da cidadania son sistematicamente vixiadas, rexistradas e controladas polo poder. Observamos con preocupación crescente como o Estado Español e a Unión Europea intensifican e afinan as medidas represivas e de controlo destinadas a intervir no mundo dixital.

Ler máis



Vigo e Coruña activarán "grupos locais"
Millares de persoas inocentes obxecto de denuncias anónimas

O ministro do Interior informou o pasado 3 de abril que as denuncias confidenciais, moitas anónimas, recibidas a través do programa Stop Radicalismos desde decembro de 2015 foron 3.179 e deron lugar a 63 investigacións policiais e da Garda Civil que derivaron 3 detencións. O seguinte paso será a activación de "grupos locais" de denunciantes en concellos como Vigo e Coruña.

Ler máis



A base de instrucións opacas
A Xunta endurece o acceso á RISGA

Os colectivos ODS-Coia e G.A.S denuncian que Consellería de Política Social acosa persoas perceptoras da RISGA. Citan o caso dunha muller que recibiu requirimento da Xunta en que se lle esixe acreditar que vive nunha vivenda independente á dos pais, ubicada no mesmo terreno, malia ter entregado hai meses o padrón municipal onde aparece numeración diferente para cada casa.

Ler máis


Concello de Ourense
Denegan permiso para recoller apoios a ILP en favor de dereitos lingúisticos

A Mesa pola Normalización Lingüística informa que o Concello de Ourense denegou a solicitude de colocación dun posto de recollida de sinaturas en apoio da ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. “En que prexudica a cidadanía unha mesa na rúa para se informar, e apoiar se quixer, unha ILP que contempla o recoñecemento dun dereito fundamental?”

Ler máis



A.S. poderia estar en liberdade o próximo 2 de maio
TS rebaixa condena a 2 independentistas e mantén a pena a outro

O Tribunal Supremo reduce a condena imposta a A.S. e M.O. a cinco anos e catro meses de cárcere. Unha pena que A.S. ten xa case cumprida polo que sairá en liberdade no vindeiro 2 de maio. Non así M.S., que tería que agardar uns meses ao ter estado case un ano en liberdade provisoria antes do xuízo. O T.S. non aplica porén a redución a R.R.F., a pesar do voto particular dun maxistrado.

Ler máis



Non atendeu denuncia en galego
Defensora recrimina o Goberno español por vulneración dereitos linguísticos

O Ministerio de Cultura non admitiu a denuncia formulada en galego polo colectivo AnovaTerra contra o estado de abandono e agresión que desde hai tempo sofre o histórico carballo de Santa Margarida, en Mourente (Pontevedra), e reclamou o seu envío en español. Agora a Defensora del Pueblo recrimina o goberno o seu comportametno e pede o colectivo que a informe se volve acontecer.

Ler máis



Falta persoal sanitario e contratan curas
650.000€ do erario para servizos relixiosos nos hospitais dos Sergas

Os orzamentos da Xunta para este ano conteñen unha partida de 650.000 euros destinada a contratar 52 curas -41 deles a xoranda completa- para servizos relixiosos nos hospitais do Sergas. O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, anunciou unha iniciativa en que solicitará retirar os servizos relixiosos financiados pola Xunta nos hospitais do Sergas.

Ler máis



Sobre o processo contra 9 independentistas
Negam o uso do Centro Social de Boiro para assembleia informativa

O Concelho de Boiro, mediante Resoluçom assinada polo próprio Presidente da Cámara, denegou o uso de umha sala do Centro Social da vila para realizar umha assembleia informativa sobre a manifestaçom convocada para o próximo 23 de abril em Compostela com o fim de reclamar a anulaçom do processo às persoas detidas na chamada Operación Jaro.

Ler máis



Máis unha na longa lista de mortes en prisión
Aparece morto no súa cela interno no cárcere de Teixeiro

J.R.V., interno no Centro Penitenciario de Teixeiro, apareceu morto na mañá do 13 de abril na súa cela por causas ainda sen esclarecer, segundo informa Europa Press. As mesmas fontes afirman que o corpo será sometido a autopsia para determinar as causas desta morte, que ven a sumarse à longa lista de falecementos acontecidos nos penais españois.

Ler máis



Manifestaçom em Compostela - 23/04/2017
Exigir o arquivo do processo penal a 9 independentistas de Causa Galiza

Ano e meio despois do início da Operación Jaro e 4 meses despois da devoluçom da condiçom de organizaçom política legal a Causa Galiza, as nove persoas independentistas encausadas no operaçom político-judicial lançam a convocatória dumha mobilizaçom nacional no 23 de abril para exigir o arquivo definitivo do processo penal e o cessamento deste tipo de operativos.

Ler máis



E expedienta dous axentes que o denunciaron
A Garda Civil encobre un mando que pide nas redes un novo Franco

A Garda Civil abriu expedientes disciplinares a dous axentes que denunciaron os comentarios franquistas de M.A.P.V, cabo do posto de Bóveda (Lugo), difundidos na súa conta en Facebook polo menos até finais de 2015. Os altos mandos do corpo encobriron o axente e acusaron os denunciantes de "falta grave por cometer falsidade no seu parte".

Ler máis



Reportaxe sobre vulneración do dereito á saúde
"O apartheid sanitario na Galiza" gaña o Johán Carballeira de xornalismo

Aínda que a lei contempla casos en que a atención sanitaria debe estar garantida tamén para persoas inmigrantes en situación administrativa irregular –asistencia ao embarazo, parto e postparto, coidados a menores ou tratamentos por enfermidade grave ou accidente-, as trabas impostas polo Sergas dificultan o cumprimento da normativa, afirma M. Obelleiro na reportaxe premiada.

Ler máis



Impeden a entrada do público à vista oral
5 anos de prisión por desordes após concentración solidaria en Compostela

Nos Xulgados de Compostela celebrouse hoxe (20/04) a vista oral contra N. e I., a quen se acusa dun delito de desordes públicas, sen que familiares e outras persoas fosen autorizadas a entrar na sala. Varias persoas presentaron Queixa formal. A fiscalía pide pena de 2 anos e seis meses de prisión para N. Para I. alén da mesma pena, solicita tamén 8.000 euros en concepto de danos.

Ler máis



Reclamaba o pagamento de salarios
Condenado sindicalista por "ultraxes a España" diante do Arsenal Militar

Un xulgado de Ferrol condena a un sindicalista da CIG por ultraxes a España ao considerar probado que, con intención de menosprezar o símbolo español, valéndose dun megáfono, o sindicalista gritou: «Aquí tedes o silencio da puta bandeira» e «hai que prenderlle lume». A xuíza recoñece que un sector da doutrina avoga pola desaparición deste delito do Código Penal.

Ler máis



Catro anos despois
A fiscalía pede penas de prisión para participantes na Marcha a Teixeiro

A Fiscalía pede penas de 3 anos, 1 ano e 8 meses e 1 ano e 9 meses, para tres das persoas que participaron na XIII marcha á Prisión de Teixeiro (en 2013). A petición mais elevada é para a responsábel da convocatoria. As outras dúas para participantes na marcha e concentración diante da cadea, onde se produciu un incidente entre manifestantes e membros da Garda Civil.

Ler máis



Desta volta no estadio de Vallecas
Confiscan faixas e bandeiras galegas con estrela, escudo ou vaca

Desta volta foi no estadio de Vallecas, durante o xogo de fútbol que o Lugo e o Rayo disputaron no pasado sábado. Seguidor@s do equipo lugués viron como a seguranza privada do recinto -nalgúns casos acompañada pola policía nacional- confiscaba todo tipo de estandartes: faixas e bandeiras galegas con estrela vermella e tamén algunha co escudo de Castelao ou unha vaca.

Ler máis



Perante o tribunal que o xulgaba
Acusado denuncia ter sofrido "unha malleira gravísima" en comisaría

O pasado dia 27/04, ao finalizar o xuízo que se seguía contra el nos Xulgados de Ourense, A.M.L., afirmou -en exercicio do seu dereito á ultima palabra- que a confesión de culpabilidade feita en comisaría foi arrancada por medio de tortura ("os axentes déronme unha malleira gravísima"). A súa situación no cárcere de Pereiro levouno a arroxarse do tellado da capela da prisión.

Ler máis



Isolado e sen atención médica adecuada
Preso no cárcere da Lama denuncia situación desesperada

A.M.C.B., preso no cárcere da Lama que participou nos xaxúns reivindicativos do pasado mes de xaneiro, denuncia estar sometido a un réxime de "tratamento" en extremo duro na enfermaria onde foi internado por causa dos ataques epilépticos e o deterioramento psíquico que padece, este último debido ás duras condicións impostas e a falta de atención médica adecuada.

Ler máis





MAIO




"As cancións son a escusa para nos imputar"
Peden dous anos e un día de prisión máis 4.800 € de multa a rapeiro vigués

S.J.L., acusado de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas porcancións reivindicativas será xulgado na AN xunto co resto de integrantes do colectivo La Insurgencia. Afrontan unha petición de dous anos e un día de prisión e unha multa de 4.800 €. Nun primeiro momento foron acusados de asociación ilícita ainda que moitos deles nin se coñecían en persoa.

Ler máis



Podería ser sancionada con multa elevada
A Xunta pede datos protexidos dos funcionarios, denuncia a CSIF

"A Xunta corre o risco de ser sometida a fortes sancións", de 300.001 a 600.000 euros, en materia de protección de datos "ao esixir aos empregados públicos datos concretos sobre o seu estado de saúde para a concesión de permisos por doenza e a aplicación dos descontos por incapacidade temporal", afirma CSIF nun comunicado de prensa emitido após denunciar a Xunta.

Ler máis



Despois de 14 anos vivindo en Compostela
Comunicado en apoio do mozo paraguaio expulsado do territorio español

O Colectivo Paraguay Resiste lanza un comunicado público sobre o caso do mozo Daniel Vera, expulsado do territorio do Reino de España despois de residir en Santiago de Compostela durante 14 anos continuados. O colectivo busca apoios ao comunicado e anuncia que depositará por rexistro todas as asinaturas recollidas no momento de presentar o recurso.

Ler máis



Por razons de segurança cidadá (sic)
A policía négase a explicar por que confisca estreleiras nos estadios

A Dirección Xeral da Policía non explica por que confisca bandeiras galegas coa estrela vermella en estadios de fútbol alegando que dar esa información pode supor un risco para a seguranza cidadá. Dereitos Civís solicitara a través do Portal da Transparencia coñecer as razóns da Policía para confiscar estas bandeiras a seareiros do Celta 28 de xaneiro no estadio do Leganés

Ler máis



Concentración nas portas do Parlamento
Agua e sal: apoio desde Galiza á greve de fame nos cárceres de Israel

Onte concentráronse ás portas do Parlamento de Galiza 48 persoas en apoio ás 1.600 persoas que manteñen unha dura greve de fame nas prisións de Israel. Beberon auga e sal, único alimento que desde hai 23 días inxiren -cando non lles é confiscado polo exército sionista- as/os grevistas e símbolo da solidariedade coa Palestina que se estende por todo o mundo.

Ler máis



Manteiro multado con 1500€ por vender paraguas
Policía local da Coruña multa malabarista de rúa que actúan nos semáforos

Segundo denuncia o xornal electrónico A Irmandade da Costa a policía local da Coruña multa sistematicamente malabaristas que traballan nos semáforos para gañar a vida. Citan o caso de tres persoas sancionadas con multas de entre 100 e 150€, duas delas en tres ocasións. Tamén recollen o caso dun manteiro multado con 1500 € por vender paraguas na rúa sen licenza municipal.

Ler máis



Por segunda vez ao mesmo paciente
Penalización de dúas semanas en proba hospitalaria por escoller o galego

Aconteceu no Hospital Juan Cardona de Ferrol e denúnciao A Mesa, que recibiu a queixa a través da Liña do Galego e xa puxo os feitos en coñecemento de Sanidade, Sergas, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Valedora do Pobo. O paciente afirma que lle indicaron que se non asinaba o documento en castelán non podería facer a resonancia. É a segunda vez que lle acontece.

Ler máis



Concentración reclama medidas urxentes
Abrindo Fronteiras Ourense: Que foi das persoas refuxiadas?

Convocadas por "Abrindo Fronteiras Ourense", case un cento de persoas reivindicaron o pasado 9 de maio medidas para solucionar a situación dos millares de persoas que fuxindo da guerra, a fame e a miseria tentan chegar a Europa, onde as reciben fronteiras blindadas ou acampamentos ateigados en condicións infrahumanas en que son encerradas por longos períodos de tempo.

Ler máis


Membros e mandos do ente público AXEGA
Denuncian persecución e acoso ao persoal do 112

Persoal do 112 denuncia o papel da Xunta de Galiza na persecución de traballadoras e traballadores da empresa que manteñen unha greve desde hai xa máis dun mes. O acoso seria exercido por persoas da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), creada en 2007 como un ente instrumental encarregado do estudo e a execución en materia de protección civil e xestión de emerxencias.

Ler máis



Em favor das 1500 persoas em greve de fame
Desalentadora resposta da Cruz Vermelha às demandas de colectivos galegos

No 22 de maio, a Delegaçom em Israel e a Subdelegaçom em Gaza da Cruz Vermelha derom resposta aos escritos em que BDS-Galiza, a CIG e EsCULcA instavam o organismo internacional a intervir para melhorar as duras condiçons a que o estado sionista submete as prisioneiras e prisioneiros palestinianos em greve de fame desde hai 36 dias.

Ler máis



Posíbel vulneración do dereito á defensa
Preguntan no Congreso sobre irregularidades no penal de Teixeiro

Con data 5 de abril deste ano, a deputada Rocío de Frutos (PSdG-PSOE) rexistrou no Congreso escrito en que formula tres preguntas a Institucións Penitenciarias relativas á situación vivida polo avogado Fernando Blanco e a avogada Yolanda Ferreiro no cárcere de Teixeiro o 30/12/2016, cando lles foi impedida a comunicación con tres presos do módulo de isolamento.

Ler máis




Tribunal Supremo confirma a sentenza
Condenados dous Garda Civis que esixían sexo gratis nun prostíbulo

O TS confirmou as sancións de 7 e 6 meses de suspensión que o Tribunal Militar Central impuxera a un sarxento da Garda Civil e a un axente por irromperen nun prostíbulo da Guarda, bébados e a altas horas da madrugada, esixindo sexo gratis. As sancións aplícanse por abuso de atribucións con grave dano. Un "modelo negativo do que debe ser calquera servidor público".

Ler máis


Iván Prado - Portavoz de Pallasos en Rebeldía
Xexún e peregrinación a Compostela en apoio d@s pres@s nos cárceres de Israel

A partir de hoxe, 23 de maio, na Carpa de Arribas Circo, Iván Prado, portavoz de Pallasos en Rebeldía, manterá un xexún de apoio á/os presa-as palestina-os en greve de fame desde o 17 de abril, entre os que se encontra Abu Sakha, clown colaborador do Festiclown Palestina. Despois Prado peregrinará de Xixón a Compostela informando polo camiño das políticas represivas de Israel

Ler máis


Convoca Ceivar
Concentraçons em apoio das reclamaçons de presos e presas independentistas

Ceivar convoca para a próxima sexta-feira (26/05) concentraçons em apoio das reclamaçons dos presos e presas independentistas: reconhecimento da condiçom de prisioneiras políticas, fim da dispersom penitenciária, reagrupamento numha prisom em território galego, cessamento da reclusom em centros de menores, melhora geral das condiçons de vida no encerro.

Ler máis


Denuncia Cadro do Persoal do 112
Gasto neglixente e deterioramento no servizo de emerxencias

“Desde que a central de emerxencias foi deslocalizada [á Estrada] os tempos de resposta ante as emerxencias disparáronse, ralentizando a xestión dun servizo público esencial para a cidadanía en que a rapidez na mobilización de recursos resulta decisiva", denuncia o persoal do 112, que pede sexan depuradas responsabilidades por gasto neglixente e deterioramento do servizo.

Ler máis



Debate na USC. Regueifas da Ciencia
Debemos priorizar a seguridade fronte a privacidade dixital?

4 especialistas en comunicación e TICs tentarán resolver esta cuestión o 01/06 nunha Regueifa de Ciencia a partir das 20.00 horas en Ciencias da Comunicación. Garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas, adecuación da lexislación vixente, propiedade dos datos persoais serán os temas deste foro en que diferentes especialistas confrontarán opinións opostas.

Ler máis



«Sen acusación, nin xuízo, nin cargos»
Peregrinación a Compostela pola liberdade dun mozo preso en Israel

«Os pallasos amamos a liberdade mais, sobre todo, amamos a humanidade. Por iso estamos en rebeldía contra este sistema global de terror», afirmaba Iván Prado, de Pallasos en Rebeldía, antes de comezar a camiñada de Xixón a Compostela. O obxectivo é conseguir a liberdade de Abu Sakha, pallaso palestino encarcerado por Israel. «Sen acusación, nin xuízo, nin cargos», explicou.

Ler máis



Multadas duas persoas e convocada concentraçom
Forças de segurança do estado clausuram local social em Compostela

Um forte dispotivo policial entrou a primeiras horas da manhá no local CSOA Escárnio e maldizer e fechou as entradas da rua Algália de Arriba. 2 persoas (A.S.O. e D.C.C.) forom retidas pola policia e posteriormente postas em liberdade despois de lhes abrir expediente sancionador. Na zona reuniu-se um número elevado de persoas e já foi convocada umha concentraçom na Porta do Caminho para hoje às 20:00.

Ler máis



Convocada concentración às 21:00 na Praza Galiza
Desmesurado dispositivo policial carga contra manifestación solidaria

Antidisturbios da PN cargaron esta terza feira contra a manifestación que percorría a zona vella de Compostela para denunciar o despexo e tapado do CSOA Escarnio e Maldizer empregando porras, bolas de goma disparadas a escasa distancia do/as manifestantes e gases lacrimoxéneos. Para hoxe, dia 30, ás 21:00, está convocada unha nova concentración na Praza Galiza.

Ler máis



XUÑO


1º de xuño - 20:00 - Rodrigo de Padrón
"Ningunha persoa deportada"- Concentración en Compostela

O foro galego da inmigración convoca para hoxe, 1º de xuño, unha concentración poético-musical en Rodrigo de Padrón para denunciar as deportacións arbitrarias de persoas migrantes e moi particularmente a de Danny Vera, chegado a territorio español coa nai en 200, con apenas cinco anos, e expulsado en 2016 -15 anos despois- por non ter encontrado traballo.

Ler máis



Sentencia Secretario Xeral de Deportes
A bandeira galega con estrela non ten cabida nos recintos deportivos (sic)

As frecuentes confiscacións das bandeiras galegas con estrela, tamén denominadas ‘estreleiras’, en diferentes estadios e recintos deportivos por policías e axentes de seguranza chegou de novo ao Parlamento de Galiza. Para o secretario xeral para o deporte, os “símbolos políticos” non deben ter presenza nos estadios, só "os dos equipos que están no terreo do xogo".

Ler máis


"Eu tambén som Escárnio e Maldizer"
Retiram faixa solidária com o CSO Escárnio e Maldizer no estádio de Lugo

A segurança privada do Club Deportivo Lugo, seguindo ordens do seu chefe e do inspetor da Policía Nacional, retirou o passado 2 de junho unha faixa solidária com o CSO Escárnio e Maldizer ("Eu também som Escárnio e Maldizer") sob ameaça de identificaçons e multas. A escusa foi estar proibido introduzir distintivos políticos em Estadio de futebol. Umha persoa foi identificada.

Ler máis




Um gabinete bem abastecido
Bandeira galega com estrela vermelha em dependências da Guarda Civil

No passada terça, 06/06, umha reportagem sobre seguimento policial do chamado terrorismo jihadista, emitida por Antena3, mostrou um esperto em cibersegurança da Guarda Civil explicando como persegue o corpo armado a "radicalizaçom" de persoas musulmanas. Numha das paredes do seu gabinete, em lugar bem visível, umha grande bandeira galega com estrela vermelha.

Ler máis



2014 - Contra a LOMCE en Vigo
Peden 6 anos e 11.500€ de multa a participantes en manifestación estudantil

Hoxe quinta-feira 8 de xuñ, terá lugar o xuízo de O., N. e S. Están acusadas de “desordes públicas”, “atentado contra a autoridade” e “lesións”, enfrontándose a peticións de prisión de seis anos para cada. O seu suposto delito: participaren da manifestación convocada em Vigo por Agir, os Comités e a Liga Estudantil Galega com motivo da greve estudantil do 20/02/2014.

Ler máis



Sen datos sobre persoas acollidas até agora
Acampamento na Coruña para reivindicar o dereito a refuxio

A próxima semana os Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, estarán ocupados por un campo de refuxiados improvisado por Acampa con tendas que veñen dos campamentos gregos. A iniciativa pretende reivindicar o dereito a refuxio e concienciar a xente da necesidade de reclamar ao estado que acolla as 17.37 persoas que se comprometeu a acoller.

Ler máis



Denuncian nais e pais
No liceo de Ames “se queres aprender estadística, tes que cursar relixión”

A Lei establece que todos os centros públicos deben ofrecer a posibilidade de cursar relixión católica, mais só como materia optativa. Malia isto, un grupo de pais e nais do Instituto de Ensino Secundario de Ames denuncia que os horarios disponibeis no centro “obrigan na escolla dalgunhas materias a coller relixión católica”. E non é o do instituto de Ames o único caso.

Ler máis


En Compostela polo CSO Escárnio e Maldizer
Colexio de Xornalistas condena “as trabas policiais” a cobertura de manifestación

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza denuncia as identificacións constantes, as agresións físicas, as ameazas de sancións administrativas por fotografar policías ou a imposición do borrado de imaxes a que someteron a/os informadora/es axentes policiais durante a manifestación do pasado sábado en Compostela contra do despexo do CSO Escárnio e Maldizer.

Ler máis


Sindicato policial reclama "sancións exemplares"
Policia tramita 400 multas por manifestación en Compostela

Na mobilización do pasado sábado en Compostela as forzas de seguranza identificaron 116 persoas, que serán propostas para sanción administrativa por 3 faltas, algunha de até 30.000 € de multa . O delegado do goberno español na Galiza, Santiago Villanueva, recoñecía nunha entrevista na Radio Galega que a policía facía seguimento de persoas polo simples feito de se manifestaren.

Ler máis


Cárceres galegos
Á cabeza no ranking de mortes non naturais no Estado

O Centro Penitenciario da Lama posúe o triste récord de ser a prisión do Reino de España en que se rexistraron máis mortes “non naturais”. Alí morreron nos últimos dez anos 35 persoas por causas “non naturais”. Ningún outro cárcere se achega a estas cifras, aínda que o penal de Teixeiro tamén se sitúa como o cuarto presidio con máis mortes “non naturais”.

Ler máis


Distinción civil ou relixiosa?
Concello de Ponteareas concede "Medalla do Corpus" ao alcalde anterior

O Concello de Ponteareas acordou outorgar a medalla de Ouro do Corpus (sic) ao ex alcalde José Castro Álvarez. A proposta partiu dos alfombristas da vila e foi votada no pleno do concello cos votos a favor de BNG, PSdeG, Partido Popular, ACIP e Riada. Esquerda Unida Son votou en contra e lembrou que foron os nacionalistas os que afastaron Castro Álvarez do concello.

Ler máis


Ingresara por probábel ictus
Denuncian agresións de funcionarios a preso na enfermaría do penal

A familia de L.A.F.daS., preso no cárcere de Bonxe (Lugo), denuncia que este recibiu unha malleira a mans de nove funcionarios na enfermaria do centro penitenciario, e despois foi duramente represaliado: denunciado por supostamente agredir tres deles, regresado a primeiro grao, alxemado á cama sen lle ser permitido ir ao cuarto de baño e posteriormente transferido ao cárcere da Lama.

Ler máis



Fica aberta a vía administrativa para o despexo
Arquivan denuncia contra o CSO A Insumisa da Coruña

A denuncia, interposta hai 6 meses polo Ministerio de Defensa (titular da propiedade do edificio), ficou definitivamente arquivada. O xulgado entende que nin o propietario (Defensa) nin o custodio (Concello) manifestaron intención de expulsar o centro social, nin acudiron a vías administrativas para a súa expulsión, polo que considera que a vía penal non é axustada ao proceso.

Ler máis



EsCULcA presenta Queixa á Defensora del Pueblo
Graves deficiencias en atención médica e reximental a preso en Teixeiro

Queixa urxente de EsCULcA á Defensora del Pueblo sobre preso de Teixeiro con graves patoloxías mentais (epilepsia e transtorno da afectividade), incluído no programa de prevención de suicidios, que non recibe atención psicolóxica nin psiquíatrica, nin apoio de traballador social, e é obrigado a permanecer en cubículo acristalado 23 horas ao dia sen contacto con outros penados.

Ler máis



En aplicación da Lei de Axuizamento Criminal
Denuncia roubo da moto e acaba procesado de desobediencia á autoridade

A historia deste home que en breve será xulgado por un delito de desobediencia á autoridade comezou co roubo da súa moto. Cando viu que estaba, presentouse na comisaría da Policía Nacional para pór a correspondente denuncia. Aos poucos días, comezaron as chamadas telefónicas dos axentes e os empecillos burocráticos. Agora o Fiscal pede para el 6 meses de prisión.

Ler máis


Axente da Garda Civil en causa
Abren investigación sobre uso de arma de fogo no Milladoiro

Un vídeo caseiro mostra como axentes da Garda Civil do Milladoiro (Ames), despois de sorprenderen in fraganti un ladrón que estaba a roubar no interior dun bar, danlle o alto dúas veces e a seguir disparan. O home cae ao chan. "Se o sei non chamo", lamenta a muller que avisara a Garda Civil e está grabando desde unha xanela a escena ao ver o desproporcionado o uso da arma.

Ler máis


No pleno do Concello de Compostela
Reclaman a eliminación das balas de goma dos dispositivos policiais

No último Pleno municipal do Concello de Santiago de Compostela, Rubén Cela (BNG) reclamou o acordo da corporación para demandar a eliminación das balas de goma nos dispositivos das forzas e corpos de seguranza cidadá en operacións relacionadas con mobilizacións cidadás, despois das actuacións controvertidas e perigosas dos axentes na cidade en días anteriores.

Ler máis



A defesa recorrerá o auto
A AN prolonga 18 meses mais processo aberto em 2015 contra independentistas

O juíz Eloy Velasco, antes de ser substituido polo magistrado Manuel García-Castellón, próximo no seu dia ao Ministro de Justicia Ángel Acebes, quijo deixar pegada no Julgado de Instruçom nº 6 que presidia com um auto que declara “complexa” a causa penal aberta contra Causa Galiza e prorroga 18 meses mais as supostas investigaçons que desenvolve o tribunal de exceçom espanhol.

Ler máis



En Ourense, Vila Boa e Compostela
Tres persoas detidas esta mañá en diferentes localidades da Galiza

A primeira hora da mañá, foron detidas por efectivos da Garda Civil un veciño de Ourense (A.), duas persoas en Vila Boa (E.M. e U.C.) e outra en Compostela (I.C.). Ignóranse os motivos de detencion mais os primeiros datos non confirmados sinalan que poderían estar relacionadas coa recebemento a Antón Santos, posto recentemente en liberdade despois de 5 anos de prisón.

Ler máis



UN PROGRAMA OBSCURO E ISLAMÓFOBO
EsCULcA pede á Coruña e Vigo rexeitaren colaborar co ficheiro Stop Radicalismos

Na súa comparecencia do pasado 3 de abril perante a prensa para dar conta das denuncias anónimas recibidas no cadro do programa Stop Radicalismos, o Ministro Zoido avanzou a implantación de «Grupos locais» formados por traballadora/es sociais, persoal de educación, etc. que serán activados en 15 concellos, entre eles, Vigo e A Coruña. EsCULcA solicítalles non colaboraren con este programa manifestamente islamófobo.

Ler máis



TAMBÉM SOBRE ASSISTÊNCIA SÓCIO-SANITÁRIA
Perguntam ao Governo sobre morte em Monterroso e deficiências do penal

O deputado no Congresso Miguel Anxo Fernán Vello (Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea), registou o passado 29 de junho pergunta ao Ministério do Interior relativa à morte de umha persoa presa no cárcere de Monterroso (Lugo) na madrugada do día 24/06, achada na sua cela junto com outra que se encontrava em estado de coma. Também pergunta sobre as deficiências do centro penitenciário, o elevado número de mortes e a assistência sócio-sanitária a persoas com VIH.

Ler máis



PARECE OUTORGAR CREDIBILIDADE Á TESTEMUÑA PROTEXIDA
Audiencia de Madrid reabre a causa polo asasinato de Jimmy

A sección sexta da Audiencia Provincial de Madrid resolveu revogar o arquivo da causa polo asasinato do seareiro deportivista Francisco Javier Romero Jimmy, morto a mans de ultras do Frente Atlético a 30 de novembro de 2014 nas inmediacións do Vicente Calderón. O xuíz decretara o sobresemento ao considerar que non existían indicios nen probas suficientes para certificar a responsabilidade de ningunha persoa en concreto no asasinato de JImmy.

Ler máis








http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png