http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png



Resumo de Noticias

1º Trimestre de 2018



JANEIRO


DEFENDÍAN REFERENDO CATALÁN DO 1-O .
Multa de até 900 euros a cinco activistas por protesta no Obelisco da Coruña

A Subdelegación do Goberno iniciou o procedemento para sancionar 5 persoas que o 28 de setembro participaron nunha concentración no Obelisco da Coruña en apoio á celebración do referendo do 1-O en Cataluña. As 5 están acusadas de cometer “infracción grave” da lei de protección cidadá, o que pode supor unha multa de 900€ para cada unha. A concentración coincidiu con outra do Foro La Coruña en favor da integridade da “patria común e indivisíbel”.

Ler máis



FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN PROMOVERÁ REFORMA
Queren que a Risga inclúa persoas en situación administrativa irregular

O Foro Galego de Inmigración, reunido esta fin de semana en Ferrol, entre outras resolucións, acordou promover un Encontro Aberto dos movementos sociais para artellar unha acción conxunta que formule as modificacións precisas do anteproxecto que desenvolve e regula a Lei de Inclusión Social que contempla a Risga, para que entre outras cousas, esta contemple o acceso á mesma das persoas en situación de irregularidade administrativa.

Ler máis



GUARDIÁNS DA ORDE E SEGURANZA CIDADÁ
Comisaría de Ourense: roubos de armas, drogas e posíbel asasinato.

Dous axentes da Comisaría de Policía de Ourense foron detidos hai uns días por supostamente teren urdido un plano co que difamaron durante anos compañeiros, atribuíndolles tráfico de armas e drogas. Tamén son investigados polo asasinato doutro cuxa morte foi atribuída a suicidio nun primeiro momento. Reproducimos a reportaxe que sobre estes feitos, inquietantes de se confirmarem os datos expostos polo xornalista, publicou Brais Cedeira en El Español.

Ler máis



DILACIÓNS XUDICIAIS E POLÉMICA INTERPRETACIÓN FISCAL
A xustiza deixa sen castigo a prostitución coactiva de dúas menores en bordeis de Lugo

Dúas adolescentes de 17 anos recentemente chegadas a Galiza desde Colombia e Romanía foron prostituídas en varios bordeis de Lugo entre 2004 e 2009, diante dos narices de membros da Garda Civil asiduos a estes locais dirixidos por un proxeneta que se gababa da súa estreita camaradaxe con axentes da forzas de seguranza. A demora en interrogar os acusados e a polémica interpretación da fiscalía deixan agora sen castigo penal os seis imputados.

Ler máis



31 DE JANEIRO - 09:30 - JULGADOS DA CORUNHA
Convocam concentraçom em apoio de activista acusada de lesionar polícias anti-distúrbios

O CS Gomes Gaioso convoca umha concentraçom para o dia 31 de janeiro, às 09:30 horas, diante dos Julgados da Corunha, em apoio da activista Aida, para quem a procuradoria pede ano e meio de prisom e multa económica por um alegado delito de atentado a autoridade. A activista teria produzido varias lesons a dous membros da UIP ao os deitar no chao. A inverossimil versom policial contrasta com as das testemunhas que afirmam terem sido os agentes os agressores.

Ler máis



SÁBADO 27 - 12:00 - N634 KM63
Marcha à cadeia de Teixeiro e concentraçom na Corunha em contra da existência das prisons

“Rejeitar umha sociedade que precisa e defende as prisóns, procurando na opressom a soluçom aos problemas, pretendendo obediéncia cega às normas de convivéncia hipócritas e desiguais. O isolamento, a tortura e o siléncio ao que som sometidas as pessoas presas, nunca poderá ser um jeito de reinserçom, senom umha mostra mais de que vivimos num sistema baseado na hierarquia e a desigualdade”, Marcha à Teixeiro e concentraçom no Obelisco da Corunha.

Ler máis


"CAMPANHA DE ARRECADAÇOM FISCAL"
Concelho da Corunha: 15 novas multas a manteiros e 2 a ativistas do CS Gomes Gaioso

A Irmandade da Costa e O Gajeiro na Gávea denunciam que o concelho da Corunha, despois de no ano passado ter sancionado com 1500 euros um “manteiro” por vender para-águas e chapeus na rua sem licença municipal, impóm agora outras 15 multas a persoas que tentam sobreviver vendendo nas ruas da capital herculina. Tamén multa dous activistas do Centro Social Gomez Gaioso que, por colarem umha faixa na via publica, terám de pagar 400€ cada.

Ler máis




FEVEREIRO




FEIJÓO EM ISRAEL
BDS-Galiza e Mar de Lumes critican visita “en misión comercial” de Feijóo a Israel

O colectivo de solidariedade internacionalista Mar de Lumes e BDS-Galiza, promotora do boicote, desenvolvemento e sancións a Israel no noso país, fixeron público o pasado 30/01 un comunicado conxunto en que denuncian a indiferenza, se non complicidade, das autoridades institucionais galegas perante os crimes que comete o estado e Israel contra o pobo palestino, moi particularmente contra a poboación infantil, a vítima máis sensíbel das atrocidades do sionismo.

Ler máis



E UNHA LONGA LISTA DOUTROS SUPOSTOS DELITOS
Indicios sinalan axentes policiais en homicidio doutro membro da Comisaría de Ourense

A xuíza de Instrución 3 de Ourense recolle no seu auto de 21/01 numerosos “indicios racionais” que apuntarían á suposta participación dos policías xémeos Bernardo e Roi D.L. no homicidio do tamén membro do CNP Celso Blanco, os tres da Comisaría de Ourense. Impútalles igualmente roubo e tenza ilícita de armas, revelación de segredos, simulación de delitos, acusación ou denuncia falsa, inxurias e calumnias. Delitos en que tamén tería participado o falecido.

Ler máis



INCOMPETENCIA? FALTA DE INTERESE? ...
A escasa eficacia das técnicas de identificación da Policía Nacional da Coruña

En 2017 fíxose viral un vídeo gravado en Valencia en que podía verse un axente do Corpo Nacional de Policía esbofeteando unha muller mentres o seu compañeiro contemplaba a actuación sen obxectar. Os funcionarios foron identificados e aos dous foi aberto expediente informativo. En 2016 varios axentes do CNP actuaron sen identificación algunha nunha carga en Riazor. Denunciada a infracción, a Xefatura Superior de Policía arquivou o caso por falta de evidencias.

Ler máis



RECOLLIDOS NO RELATORIO DO CPT DO CONSELLO DE EUROPA
EsCULcA insta o MNPT a actuar contra malos tratos e torturas en cárceres españois

Con data 26 de xaneiro de 2018, Fernando Blanco Arce, en nome e representación de EsCULcA, enviou escrito ao Mecanismo de Prevención da Tortura español (MNPT) en que o insta a actuar nos casos recollidos no Relatorio elaborado polo Comité de Prevención da Tortura (CPT) do Consello de Europa despois da súa visita ao EE en 2016. EsCULcA requer a actuación do MNPT nos casos de malos tratos e tortura denunciados por presos de diferentes centros penitenciarios do EE.

Ler máis



RECOLLIDOS NO RELATORIO DO CPT DO CONSELLO DE EUROPA
Queixa de EsCULcA á Oficina del Defensor del Pueblo por casos de tortura e malos tratos

Con data 26 de xaneiro de 2018, Fernando Blanco Arce, en nome e representación de EsCULcA, interpuxo Queixa perante a Defensora del Pueblo solicitando sexan investigados os graves feitos recollidos no Relatorio do C.P.T. do Consello de Europa relativo á visita que este Comité realizou ao Reino de España en 2016. En concreto, EsCULcA requer que se investiguen os malos tratos denunciados por presos de diferentes centros penitenciarios do EE.

Ler máis



O MÉDICO DA PRISIÓN INHÍBESE
Nova denuncia contra funcionarios do cárcere de Teixeiro por brutais malos tratos

P.E.G. cumpre condena no módulo de isolamente do CP de Teixeiro, está clasificado en 1º grao de tratamento, réxime de vida “2ª fase”. Segundo o seu testemuño, o pasado 21 de xaneiro funcionarios do cárcere teríanno insultado, ameazado e posteriormente espancado con brutalidade. Os malos tratos non foron precedidos de incidente algún, o que parece suxerir que se tratou dun acto baseado exclusivamente na crueldade dos autores.

Ler máis



LEMBRA AS RECOMENDACIÓNS DO CONSELLO DE EUROPA
EsCULcA denuncia violencia contra preso de Teixeiro á “Oficina del Defensor del Pueblo”

O 29 de xaneiro, Fernando Blanco Arce, en nome e representación de EsCULcA, rexistrou Queixa dirixida á Oficina do Defensor del Pueblo en que se solicita a abertura de expediente en relación cos violentos malos tratos que alegadamente inflixiron funcionarios do cárcere de Teixeiro ao penado P.E.G. Os feitos aconteceron o pasado 21/01 e deixaron secuelas ainda visíbeis varios días despois como puido constatar visualmente un representante de EsCULcA.

Ler máis


DENUNCIAN ENTIDADES SOCIAIS DA CIDADE
Albergue de Vigo deixa fora persoas sen abrigo para aloxar pasos da Semana Santa

Entidades sociais de Vigo denuncian que as 40 prazas para persoas sen abrigo do albergue municipal resultan claramente insuficientes para acoller todas as que buscan refuxio, unha situación agravada coa vaga de frío destes días. Cada noite fica alguén fora por falta de espazo a pesar de o albergue ter máis espazo para instalar liteiras ou colchóns. O problema é que ese espazo, correspondente á antiga igrexa, está ocupada por pasos da Semana Santa.

Ler máis




COLECTIVOS PEDEN INVESTIR EN NECESIDADES BÁSICAS
O Sergas gastará este ano máis de 54.000 € ao mes en pagar cregos católicos

O Sergas destinará 658.664 € en persoal relixioso no 2018 (652.000€ en 2017). Neste ano son 52 os lugares de relixiosos orzamentados: 41 a xornada completa e 11 a media xornada. A partida ten a súa orixe no convenio que en 1995 asinara o Sergas coas dióceses galegas e polo cal o sistema público de sanidade sufraga salarios e cotizacións aos capeláns católicos que prestan asistencia relixiosa nos hospitais públicos e concertados da Galiza.

Ler máis



"HAI CENTOS NA MIÑA SITUACIÓN"
Peden 5 anos de cadea e multa de 6.000€ para participante nas Marchas da Dignidade

Emilio Cao (O Carballiño, 1997) foi detido o 22 de maio de 2014 durante a concentración en Madrid das Marchas da Dignidade. Ese día, millares de persoas chegadas de distintos puntos do Estado ateigaron as rúas madrilenas coreando lemas como “pan, traballo e teito”. Cao, que non foi o único apresado ese día, enfróntase agora a unha petición do ministerio público de cinco anos e oito meses de cárcere máis unha multa de 6.000 euros.

Ler máis



650.000 EN ASISTENCIA RELIXIOSA CATÓLICA
“É inxustificábel que o Sergas pague cregos mentres recorta persoal sanitario”

Profesionais e colectivos de defensa do sistema de saúde público consideran “incomprensíbel” que o Sergas destine 659.000 euros a pagar cregos mentres na sanidade pública falta persoal e medios. Os servizos relixiosos, explican, entran na dimensión persoal e privada de cada quen e non deben ser sufragados con diñeiro de todos e todas. “Destinan 659.000 euros a cregos mentres xustifica recortes de persoal sanitario co argumento de que non hai cartos”.

Ler máis



PROCESADO POLA SÚA IMPLICACIÓN NO NARCOTRÁFICO
Maxistrada ordena retirar o libro “Fariña” a petición de ex alcalde do Grove

A titular do Xulgado de instrución número 7 de Collado Villalba, Alejandra Fontana, ordenou o secuestro do libro Fariña, de Nacho Carretero, despois de Alfredo Bea Gondar, ex alcalde do Grove, denunciar o autor e xornalista coruñés por o citar como implicado no narcotráfico. Ao tempo, a xuíza desestimou a pretensión de frear a emisión da serie de televisión producida sobre esta obra por a data de emisión e o guión seren ainda descoñecidos.

Ler máis


NON SÓ CONTRA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN
Antropólogos critican que limitar a mofa do Entroido “atenta contra o patrimonio cultural”

Se desde o ámbito da xustiza lembran que a liberdade de expresión non pode depender do consentimento dunha minoría e que tanto os tribunais europeos como o Constitucional recoñecen o dereito de crítica ás relixións, desde o da antropoloxía inciden en que “a sátira, a mofa e a parodia”, sexa quen for o destinatario, “é unha componente fundamental do Entroido” e perseguila “un atentado contra o patrimonio cultural inmaterial”.

Ler máis


ALERTA DO AUXE DA REPRESIÓN CONTRA O ACTIVISMO SOCIAL
Esculca denuncia a represión que sofren activistas coma Emilio Cao

A condena de 5 anos e 8 meses de cárcere que pide a Fiscalía ao activista Emilio Cao, pola súa participación nas Marchas da Dignidade, é un asunto latente debido á súa “gravidade”, ao tratarse dunha sanción “desmesurada”, denuncia EsCULcA. Esta organización que loita pola defensa da liberdade de expresión considera que Cao é “vítima” dunha vaga de coacción aos movementos “contrarios ao sistema capitalista”.

Ler máis


"CON SÓLO CASTELLANO MUCHO MEJOR!”
A Mesa tramita queixas por vulneración de dereitos linguísticos na Delegación de Lugo

O 26/02 unha cidadá diríxese a unha funcionaria do Servizo de Deportes da Xunta en Lugo en procura de información sobre clubes. Como a funcionaria responde en castelán, a administrada solicita ser atendida en galego. Aí comezan os problemas. A funcionaria responde: “No me da la gana! Soy funcionaria y puedo escoger el idioma que yo quiera”. A lexislación dita o contrario: quen pode escoller é quen usa o servizo, quen atende ten a obriga de falar no idioma solicitado.

Ler máis




MARZO


CON NOTÁBEL PRESENZA DA GALIZA
Especialistas en língua e culturas no exterior apoian manifesto contra corte de liberdades

“A criminalización da disidencia na arte e a cultura segue o seu curso no Estado español”, comeza o documento. A condena a prisión do rapeiro Valtònyc, o secuestro xudicial do libro sobre o narcotráfico Fariña -do xornalista galego Nacho Carretero- e a retirada da obra Presos Políticos da feira de arte contemporáneo Arco son os últimos síntomas da deriva que detectan “contra a liberdade de expresión e o dereito a pensar diferente”. Mais hai moitos máis.

Ler máis



DELITO: EXHIBIR UNHA ESTRELEIRA NO ESTADIO DE PASARÓN
500 euros e prohibición de acceder a un recinto deportivo durante 3 meses

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte acordou na súa reunión do día 22 de febreiro reprobar a conduta dun siareiro que despregou unha bandeira galega coa estrela independentista no choque ante o Racing de Ferrol “creando entre os seguidores do equipo contrario unha grande axitación e alteración”. Tamén acordou imporlle unha multa de 500 € e prohibirlle entrar en recintos deportivos durante 3 meses.

Ler máis



ORGANIZA: MEIGA NA FACULTADE DE MEDICINA (USC)
Xornadas sobre países empobrecedores e empobrecidos en Compostela

Nos próximos días 5, 6 e 7 de Marzo, terán lugar na Aula Castelao de Facultade de Medicina da Universidade de Compostela, as Xornadas sobre Países Empobrecedores e Empobrecidos que organiza o colectivo MEIGA. Entre os participantes estará Lisandro Cañón, membro de EsCULcA, que compartillará mesa con Alba Díaz na sesión dedicada a examinar Os Dereitos Humanos e a importancia da súa vixencia. Será a partir das 19:45 do día 05/03.

Ler máis



RECOLLIDO NO RELATORIO DO CPT DO CONSELLO DE EUROPA
EsCULcA denuncia caso de violencia contra preso de Teixeiro á Fiscalía da AP da Coruña

O 28 de febreiro, Rosa Verdugo Matês, en nome e representación de EsCULcA, rexistrou denuncia escrita perante a Fiscalía da AP da Coruña en que solicita a abertura de investigacións exhaustivas en relación aos malos tratos que alegadamente inflixiron funcionarios do cárcere de Teixeiro ao penado H.A.. Os feitos terían acontecido en agosto de 2016 e foron recollidos polo CPT do Consello de Europa no relatorio elaborado a seguir a visita realizada ao Reino de España en 2016.

Ler máis



SOMETIDO NO CÁRCERE A RÉXIME EN EXTREMO CRUEL
Preso de Teixeiro ingresado de urxencia no Hospital de Compostela en estado grave

A.M.C.B., preso en Teixeiro desde hai meses en condicións que é difícil calificar dado o seu extremo rigor, tivo de ser ingresado de urxencia no Hospital Clínico Universitario de Compostela en estado grave. Segundo fontes próximas á familia, o ingreso tería sido debido a unha nova tentativa de suicidio. A.M.C.B., apesar das severas patoloxías que padece non recibe atención médica adecuada e é obrigado a permanecer en cubículo acristalado 23 horas ao día.

Ler máis



SEM DIAGNÓSTICO NEM CUIDADOS TERAPÊUTICOS ADEQUADOS
A.M.C.B.: do isolamento da prisão de Teixeiro para a UCI por nova tentativa de suicídio

A.M.C.B., foi transferido da prisão de Teixeiro (a Corunha) para o hospital clínico, universitário de Santiago de Compostela, onde foi internado na UTI, por causa de uma nova tentativa de suicídio. A.M.C.B., que tem 24 anos e está preso desde os 18, leva grande parte desse tempo submetido a regime fechado com “modalidade de vida em departamentos especiais”, já que , não se sabe muito bem por que, foi qualificado de “extremamente perigoso” pela autoridade carcereira.

Ler máis



DESVELA A LIÑA DO GALEGO DA MESA POLA NORMALIZACIÓN
Administracións públicas lideran vulneracións de dereitos das persoas galegofalantes

“Para ser atendido en gallego, llame más tarde”; “Le paso con alguien que pueda atender su solicitud”, ao tempo que colgan o teléfono. “Pero vamos a ver, ¿usted no entiende el castellano?”. Son algunhas das queixas sobre o trato na administración pública tramitadas na Liña do galego da Mesa pola Normalización Lingüística e que demostran que aínda estamos lonxe de ter una situación de normalidade para o galego.

Ler máis



AREFLEXONS ACTIVISTAS SOBRE O ACONTECIDO NA CATALUNYA
A primeira “ciber guerra” em território europeu? 16 de março – A Galheira – Ourense

O processo catalám está a pôr sobre a mesa quais som as armas de controlo, censura e intervençom digital com que contam os Estados, e quais as ferramentas de cifrado e auto-defesa à disposiçom dos movimentos. Miguel Garcia, activista e formador em segurança e privacidade informática, falará sobre as implicaçons que tem para a luita social a nossa dependência cada vez maior da internet, as redes sociais e os dispositivos digitais.

Ler máis



EN 2017 OUTRO IMPUTADO POR VIDEO QUEIMANDO UNHA FOTO
Dous galegos condenados en 2009 por queimaren efixie de Juan Carlos Borbón

A sentenza do Tribunal que di que a liberdade de expresión ampara queimar fotos do monarca español chega tarde para dous independentistas galegos, Alexandre B. e Santiago M. Ambos foron condenados en 2009 pola Audiencia Nacional a multas de 2.700 e 1.800 euros por queimar imaxe de Juan Carlos de Borbón após unha manifestación independentista en Vigo. No ano pasado un sindicalista foi imputado por aparecer nun vídeo queimando unha foto.

Ler máis



E SOBRE AS DENUNCIAS DO CPT DO CONSELLO DE EUROPA
Pregunta no Parlamento Galego sobre malos tratos a preso de Teixeiro

A deputada Paula Vázquez Verao (En Marea) presentou no pasado día 13 pregunta no Parlamento Galego sobre a situación dun preso de Teixeiro que denuncia ter sido vítima de continuados malos tratos . A deputada cita a queixa presentada por EsCULcA perante o Defensor del Pueblo e a preocupación do Comité de Prevención da Tortura, que no relatorio elaborado após a visita realizada en 2016 pede explicacións ao estado español sobre un posíbel “padrón de malos tratos”.

Ler máis



MALLEIRA, ISOLAMENTO E DESATENCIÓN MÉDICA
Pregunta no Congreso sobre malos tratos a preso na cadea de Texeiro

No 14 de marzo, o deputado Miguel Anxo Fernández Bello (Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea) rexistrou no Congreso dos Deputados pregunta ao goberno para a súa resposta por escrito relativa aos violentos abusos e malos tratos a que funcionarios do penal de Teixeiro terían sometido o preso P.E.G. no 21 de xaneiro pasado. As circunstancias do caso foron denunciadas por EsCULcA segundo recolle o deputado no seu escrito.

Ler máis




SERÁ XULGADO O 19 DE MARZO EN MADRID
Presentado manifesto a favor de Emilio Cao entre acusacións de deriva totalitaria do Estado

Os escritores Marilar Aleixandre e Suso de Toro, así como a representante da Plataforma de Apoio a Emilio Cao, Lucía Suárez, estiveron arroupando ao propio Cao na presentación do manifesto que se subirá ás redes e á web www.aboslucionemiliocao.gal. No encontro coa prensa, os asistentes manifestaron o seu rexeitamento ao xuízo e tamén o intento de silenciar a todo tipo de movemento social que se poña en contra das medidas do actual goberno central.

Ler máis




E ACATAR RESOLUCIÓN DO PE SOBRE SISTEMAS PENITENCIARIOS
Instan o goberno español a “abolir unha vez por todas” as políticas de dispersión penitenciaria

A eurodeputada Lidia Senra instou o EE a “abolir dunha vez por todas” as políticas de dispersión penitenciaria e asumir a Resolución do Parlamento Europeo sobre condicións e sistemas penitenciarios aprobada a finais do ano pasado polo pleno da Eurocámara. Un texto que no seu artigo 29 afirma que“condena a política penitenciaria de afastamento que aplican algúns Estados membros xa que constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos e reclusas”.

Ler máis




"CÓLLENME, TÍRANME AO CHAN, ESMÁGANME A CABEZA"
Adiado o xuízo contra Emilio Cao pola ausencia dunha axente de polícia chave no caso

Emilio Cao, un mozo do Carballiño de 21 anos de idade, ía ser xulgado este luns en Madrid, acusado de agresión e atentado á autoridade durante unha mobilización das Marchas de Dignidade en 2014, cargos ambos que nega con rotundidade. A Fiscalía pide para el unha pena de 5 anos e 8 meses de cárcere e o pagamento de 600 euros de multa. Mais a vista suspendeuse pola incomparecencia dunha axente de policía que tiña que declarar ante o maxistrado.

Ler máis




PASARON DO 16% EN 2016 AO 80% EN 2018
Os casos de racismo institucional multiplicáronse na Galiza no ano 2017

SOS Racismo rexistrou no pasado ano en Galiza un total de 70 casos de vulneración de dereitos por motivos racistas. Deles, a maior parte (56) son casos de racismo institucional, derivados sobretodo dos obstáculos impostos ao acceso á sanidade e a outros servizos públicos, mais tamén hai casos de trato discriminatorio do funcionariado a migrantes e, igualmente, casos de vulneración de dereitos en actuacións dos corpos e forzas de seguranza.

Ler máis




"RESCATAR NON É DELITO"
Concentración en Compostela en apoio a Proactiva Open Arms

Baixo o lema “Rescatar non é delito”, o pasado sábado dia 24 de marzo, o movemento Free Open Arms convocou unha concentración na Praza do Obradoiro de Compostela en apoio à ONG catalá Proactiva Open Arms sobre a que pesa unha acusación de suposto delito de “promoción da inmigración ilegal”. Lembremos que unha embarcación de rescate de inmigrantes desta entidade foi inmobilizada por orde da fiscalía de Catania.

Ler máis




ACHADA MORTA CANDO ÍA SER ATENDIDA
A Fiscalía denuncia a Xunta pola morte dunha muller nos corredores de Urxencias do CHUS

A Fiscalía denuncia a Xunta por un suposto delito de homicidio imprudente após o falecemento dunha muller nos corredores de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago, segundo o sindicato CESM-Omega. O sindicato foi informado na pasada semana nos xulgados de Santiago da presentación da demanda mais ainda non lle chegou a notificación oficial, presumibelmente, por causa greve do persoal de Xustiza encarregado de tramitar este tipo de expedientes.

Ler máis




"DELEGACIÓN E CONCELLO DEBERÍAN TER INTERVIDO XA"
Sindicato policial pede que sexa prohibido concerto de Valtònyc no Festigal

NO SUP cre que Delegación do Goberno ou o propio Concello deberían intervir para prohibir o concerto do rapeiro Valtònyc no Festigal na noite do 24 de xullo no hipotético caso de que este aínda non tiver entrado en prisión. “Xa deberían ter dado os pasos para prohibir o concerto dun señor que está pendente de entrar en prisión após ser condenado polo Tribunal Supremo”, explicou o sindicato, en declaracións ao Correo Galego.

Ler máis












http://www.esculca.gal/web/sites/all/themes/marinelli/img/logo.png